O BNG pide unha auditoría en POVISA e a comparecencia urxente ao conselleiro de sanidade

POVISA
POVISA
O BNG pide unha auditoría en POVISA e a comparecencia urxente ao conselleiro de sanidade

A situación  de Povisa, afirmou a portavoz nacional do BNG “é responsabilidade da Xunta e do Partido popular” que na área sanitaria de Vigo apostou “por manter un concerto sanitario multimillonario con Povisa”.

A nacionalista insistiu en que é o responsable da situación é o Partido popular polo que o BNG, xunto co resto de forzas da oposición solicitará a comparecencia do conselleiro de sanidade e unha auditoría do concerto multimillonario con Povisa. Para o PP, engadiu, “son máis importantes as portas xiratorias e os intereses privados que defender a sanidade e o dereito á saúde das persoas”.

Sobre o concerto con Povisa explicou que é un dos máis elevados de todo o Estado español e a empresa “chantaxea”  a Galiza utilizando como “reféns aos doentes” e traballadores. Este grupo empresarial duplicou en 2017 os seus beneficios e o dono de Povisa é un dos máis ricos do Estado español.

Pontón concluíu a súa intervención apelando a necesidade de contar cun sistema sanitario público galego, xestionada dende o público e utilizando ao máximo todas as potencialidades así como  reducir os concertos con Povisa.