O BNG pide ao PP que reflexione e non vete un pleno extraordinario sobre o accidente do Marisquiño

Ana Pontón
Ana Pontón

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fai un chamamento ao PP para que mañá funcione o Parlamento e non utilice “o rodillo parlamentario” para   vetar na   reunión da Deputación Permanente crear unha comisión de investigación sobre o sinistro do Marisquiño e a comparecencia do Presidente da Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fai un chamamento ao PP para que reflexione e non impida, mañá  na reunión da Deputación permanente,  a convocatoria dun pleno extraordinario no Parlamento para abordar as responsabilidades, analizar o acontecido e sobre todo  crear unha comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño.

Pontón fai un chamamento á reflexión do Partido popular para permitir que mañá o Parlamento funcione e poda comparecer o Presidente da Xunta, o conselleiro de Sanidade  e dar o debate sobre a creación da comisión de investigación.

Para a nacionalista, resultaría “unha falta de respecto” a todas as persoas afectadas no sinistro do festival do Marisquiño que mañá, na reunión da Deputación permanente, o Partido popular utilizara “o seu rodillo parlamentario” para  ir en contra da razón  despois dun accidente destas características e  nun evento que contaba con todos os permisos e autorizacións. “Os responsables das administración deben dar  cara e depurar  as responsabilidades políticas”.

Pontón asegura que non se entendería publicamente a negativa da celebración dun pleno extraordinario  para que todos os galegos e galegos teñamos a seguridade que despois deste sinistro “serán analizadas as causas, os responsables asumirán a súa responsabilidade e sobre todo, tomar decisións para que non volva a repetirse o acontecido en Vigo”

Para o BNG, manifesta a nacionalista, resulta “vergoñento” contemplar a resposta do Partido popular e Partido socialista despois do sinistro, “máis empeñados en buscar un chibo expiatorio” que en aclarar responsabilidades”. Nunha democracia madura, concluíu Pontón, “os responsables políticos deben dar a cara” e non crear “unha realidade paralela” aproveitando as maiorías absolutas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG