BNG pide ao goberno que permita a continuidade do alumnado con discapacidade nos CEE que superen os 21 anos para completar a súa formación académica

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas lamentou que o PP “bote balóns fóra” e responsabilice ao goberno central dunha medida que impedirá ao alumnado con discapacidade permanecer en programas de Formación Profesional Básica despois dos 21 anos

A través dunha pregunta parlamentaria urxente ao goberno, a deputada do BNG, Mercedes Queixas urxiu á Xunta a realizar a modificación regulamentaria para permitir a continuidade do alumnado con discapacidade nos CEE, que supere os 21 anos co fin de completar a súa formación académica.

A  15 días  da clausura do  curso escolar, explicou a nacionalista,  as familias do alumnado escolarizado en Centros de Educación Especial non recibiron  por parte da Consellería de Educación ningunha resposta as súas demandas. Nesta liña, argumentou Queixas,  a Plataforma de ANPAS de CEE de Galiza xa trasladou  por escrito, desde hai 2 anos, unha petición para modificar o  Decreto 229/2011 que regula   a atención á diversidade do alumnado para  facilitar o seu desenvolvemento persoal, social e  aprendizaxe, facilitándolles a adquisición das competencias recollidas na  Lei Orgánica de Educación.

O artigo 20 do decreto, engadiu a deputada,  regula a escolarización en centros de educación especial pero  limita a permanencia do alumnado nestes centros educativos aos que superen os 21 anos, poñendo fin de “maneira  abrupta e prematuramente” o proceso de adaptación de desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional que permita acadar o máximo rendemento posíbel das súas capacidades”.

A excepcionalidade deste curso dificultou aínda máis o desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe co  peche de aulas, eliminación de actividades complementarias ou mesmo escolarización irregular e intermitente por prevención sanitaria derivada de patoloxías do alumnado, o que xustifica, como medida urxente e compensatoria, de cara ao vindeiro curso, “a ampliación da escolarización do alumnado que cumpre os 21 anos ou máis” e  que non rematou a súa formación.

Tras a resposta do conselleiro de Educación, Román Rodriguez responsabilizando ao goberno central e a LOE da actual normativa, a deputada do BNG respondeu que neste ámbito, a Xunta non pode “botar balóns fóra” e desentenderse das condicións e necesidades deste alumnado. A Xunta, dixo, “non pode mirar para outro lado” e debe actuar para dar resposta ás demandas das familias.

Que a LOE o impide? pois  estamos ante  un conflito entre o Decreto 229/2011 e o Decreto 107/2014, xa que este  último permite a escolarización en programas formativos até os 26 anos e ambos  se sustentan na mesma Lei Orgánica de Educación de 2006, aseverou a deputada do BNG.

 finalmente, Mercedes Queixas afirmou que unha adecuada organización dos recursos dos centros impiden posibles conflitos entre o alumnado maior de 21 anos e o alumnado menor e lembrou que existe un antecedente para mudar a Lei co goberno da Comunidade de Castela e León que a finais de 2019 “confirmou a adaptación da normativa para atender esta demanda”, polo tanto, recalcou a deputada, é unha “cuestión de vontade política” e lamentou que a  reposta do conselleiro non incluíra un “compromiso” neste sentido. Antecedente do goberno da Comunidade de Castela e León que xa a finais de 2019 confirmou a adaptación da normativa para atender esta demanda.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG