O BNG pide ao Conselleiro de Industria que se reúna cos traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias

Luís Bará
Luís Bará

Luís Bará recriminou a Conde  “non ter feito ningunha xestión” e reclamoulle  “non mirar para outro lado” no conflito

O deputado do BNG, Luís Bará preguntou hoxe, novamente, polas xestións realizadas dende o 17 de outubro de 2017 para garantir o futuro da empresa Maderas Iglesias na zona sur da provincia de Pontevedra e lamentou que despois do tempo transcorrido , “a Xunta siga sen dar pasos” polo que reclamou do titular de Industria, Francisco Conde unha reunión cos traballadores e traballadoras para buscar unha  solución ao conflito.

Os traballadores de Maderas Iglesias non se renden

O parlamentario, tras saudar aos representantes dos traballadores e traballadoras presentes no debate na tribuna de convidados explicou que Maderas Iglesias, é  “unha empresa punteira no sector da tarima flotante”, e  con máis de 800 traballadores e traballadoras. Na  actualidade, explicou reduciu o seu cadro de persoal a 250 persoas e factura  16 M€ e aínda así, recalcou, segue sendo unha das empresas máis importantes do sector no sur da provincia de Pontevedra. Bará remarcou que os traballdores e traballadoras non están dispostos a tirar a toalla e seguirán loitando por manter os seus postos de traballo porque “non se renden”.

O nacionalista aludiu  á recente aprobación “por unanimidade”, á instancias do BNG, dunha proposición instando ao goberno galego  a realizar accións  necesarias ante a dirección de Maderas Iglesias para “garantir a continuidade da empresa, manter o emprego e velar polos dereitos laborais” e despois dese acordo parlamentario,  vostede, recalcou , “non fixo nada”.

Pola súa parte, o conselleiro de Industria despachou a pregunta do deputado do BNG  sen o compromiso de  reunirse cos traballadores  como lle solicitara o nacionalista e delegou a solución do conflito a establecer “un dialogo” entre a  empresa,  acredores e  traballadores.  

Bará reiterou a súa petición dunha reunión cos traballadores e traballadores con Conde  e anunciou que o BNG seguirá presentando iniciativas parlamentarias cara unha solución que debe pasar por “buscar un novo inversor, pararlle os pes ao empresario e garantir os postos de traballo”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG