PARLAMENTO GALEGO

BNG pide ao conselleiro de Cultura que se comprometa cun plan de choque con medidas urxentes para salvar ao sector

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas incide na difícil situación no que  traballadores e traballadoras autónomos, micro-pemes e cooperativas sociais loitan pola supervivencia
BNG pide ao conselleiro de Cultura que se comprometa cun plan de choque con medidas urxentes para salvar ao sector

A deputada do BNG, Mercedes Queixas interperlou ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez ao que demandou un compromiso  e un “plan de choque” para salvar ao sector.

Na súa intervención, a parlamentaria  explicou que a situación provocada pola COVID abocou a que o  53,8% de empresas permanezan  inactivas, no  sector   das actividades de teatro e música, salas de espectáculos e auxiliares, o 82,4% continúan sen actividade, o  38,6% das empresas da cultura solicitaron un ERTE e o 60,7 das empresas culturais de Galiza experimentaron unha redución de máis do 50% da facturación nos primeiros meses do ano.

A deputada lembrou que no ano 2019 o goberno comprometeu a Estratexia da Cultura Galega 2021, “un traxe aparente para un corpo demasiado espido” e do  que nada soubemos  cando o foco apagou as luces dos titulares mediáticos.

Mercedes Queixas acusou ao goberno de perder “credibilidade” e abandonar as súas  funcións e preguntou que  foi da Lei de Artes Escénicas? Ula Lei de Mecenado? Que foi da Lei do Audiovisual? A onde marchou a revisión da Lei do Libro e da Lectura? Que foi do plan de fomento da lectura pendente desde 2006?

De todos aqueles  “anuncios espellismo, daquela estratexia de mercadotecnia narcotizante”, só queda a foto fixa “dun goberno que non está  á altura da fortaleza cultural que lle dá identidade como goberno galego”, afirmou.

Pola súa parte, o conselleiro de cultura mostrouse convencido de  compartir moitas das inquedanzas e puntos de vista coa nacionalista sobre todo na concepción da cultura como parte fundamental dun país e das persoas que viven dela, en torno a 30.000 en Galiza ao que deputada respondeu que “a pandemia exixe políticas alternativas de viabilidade e sobre todo diálogo co sector”.

“A cultura é segura”, reiterou a nacionalista e lamentou que o sector non contara coa axuda económica que merece como ben esencial. Despois de oito meses, a cultura continua sen ser  “estratexia prioritaria do goberno do Partido popular”. As palabras e xestos son “insuficientes” precisamos accións comprometidas.

O pasado mes de xullo, explicou Quixas,  o Consello da Cultura publicaba o Barómetro da Cultura galega, unha radiografía das empresas culturais galegas.   BNG, confesou, agardábamos que estas conclusión fosen argumentos sólidos para que o Partido popular, de  maneira urxente, reactivara o plan de rescate e  coidados que precisa o sector pero, unha vez máis, o goberno galego non tivo en conta que a crise da COVID 19 repercutiu gravemente no ecosistema cultural que xa partía dunha “enorme febleza” e que na actualidade,  os e as traballadoras autónomas e micro-pemes están afrontando grandes perdas e loitanto pola propia supervivencia.

É necesario actuar porque de non facelo o noso sector cultural sufrirá un “impacto máis severo que o conxunto da economía” polo  que volveu a reclamar un “compromiso real” do conselleiro  e a posta en marcha “dun plan de choque” porque de momento, recalcou, “ aínda non vimos ningún”.

 

BNG pide ao conselleiro de Cultura que se comprometa cun plan de choque con medidas urxentes para salvar ao sector