parlamento galego

BNG pide a AGADIC que cumpra o plan de reactivación cultural

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas pregunta polo destino de 9,6M€  de fondos europeos  para fomentar actividades culturais e traslada a  AGADIC as demandas dun sector cultural “in extremis”

A través dunha pregunta ao goberno sobre o Proxecto HUB dependente de AGADIC, a portavoz de cultura do BNG, Mercedes Queixas criticou que o director do organismo, Jacobo Sutil apelara ao “incumprido” Plan de reactivación cultural e non anunciara  ningún proxecto novo.

A nacionalista explicou  que AGADIC conta con 9,6M€ de fondos europeos  para  obxectivos e funcións do organismo, sen embargo os responsables de cultura explicou, non detallaron nas súas comparecencias o destino deste orzamento para a cultura galega, agás “partidas xenéricas e inconcretas” para fomentar as actividades culturais en Galiza.

BNG pide a AGADIC que cumpra co Plan de reactivación cultural

Tras a intervención do director do AGADIC, a deputada  afirmou que ,unha vez máis, o goberno non responde ás cuestións formuladas e constatamos  como vostedes continúan  facendo o mesmo que en anos atrás.Utilizan “medidas herdadas do ano 2009 do goberno co Bloque na Consellería de Cultura” e sobre o único novidoso para este ano “non concretou nada”. O sector cultural precisa respostas e está moi ben que apele ao plan de reactivación cultural, no seu momento tamén turístico, pero dende o BNG demandamos que polo menos “cumpran con ese plan” e sobre todo no que atinxe  ao  impulso e reactivación da internacionalización  das empresas audiovisuais  galegas e a convocatoria dun fondo de  coprodución internacional minoritaria no ámbito audiovisual para facilitar a “presenza de empregas galegas en proxectos internacionais de relevancia”.

Queixas trasladou a Sutil as demandas do sector entre as que destacou os compromisos “asumidos no Plan de reactivación” que continúan sen desenvolver.

Sobre o proxecto HUB, a nacionalista volveu a preguntar como se vai xestionar, cales serán as bases e as canles de avaliación para seleccionar os mellores proxectos porque da súa intervención, dixo a deputada, podemos deducir que non existe ningunha concreción sobre o apoio a un sector que está “in extremis”.

O sector cultural, recalcou Mercedes Queixas pide a “mesma celeridade” coa que contan outras actuacións porque,  agora “é máis necesaria que nunca”, concluíu.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG