parlamento galego

BNG pide activar un protocolo FISICOVID e axudas directas para empresas e entidades deportivas dedicadas a servizos e xestión de instalacións

Daniel Castro
Daniel Castro
Daniel Castro instou á Xunta a “cumprir o seu compromiso” de axudas ao sector do deporte e lamentou que o Partido popular votara en contra da proposta do BNG

O deputado do BNG, Daniel Castro instou hoxe á Xunta, a través dunha proposición non de lei, a “cumprir o seu compromiso” de axudas ao sector do deporte e activar “un  protocolo FISICOVID” para instalacións deportivas, como demandan as asociacións, COLEF, AIXIDEGA ou AGAXEDE. Estas asociacións, dixo o nacionalista, reclaman “unha folla de ruta” para actuar contra a COVID en todas as instalacións deportivas de Galiza.

O deputado do BNG lamentou que o Partido popular votara en contra da iniciativa nacionalista amparándose en que as axudas que o sector, aínda non  recibiu proveñen do goberno do Estado.

A Xunta, replicou Daniel Castro, debe  poñer  en riba da mesa as “axudas  prometidas” porque o sector do deporte é un dos máis prexudicado pola pandemia. Os traballadores e traballadoras pecharon os seus negocios durante meses para facer fronte a COVID e intentar frear  os contaxios, a pesar de ser este un ámbito  no que a “porcentaxe de contaxiados e contaxiadas por coronavirus foi e segue sendo ínfima”.

A pesar disto, engadiu,  a totalidade do sector aceptou todos os peches con “absoluta responsabilidade” e adaptou posteriormente os seus centros de traballo ás normativas vixentes. Unhas normativas, criticou  que “deberían ser máis precisas e  fornecidas polo goberno da Xunta de Galiza que continúa sen ofrecer un protocolo FISICOVID para instalacións deportivas”.

 A día de hoxe, 21 de abril, afirmou o deputado,  “as axudas presentadas polo goberno galego deixan fóra  á inmensa maioría do sector do deporte”. Ben sexan as publicadas o 18 de febreiro sobre á perda de actividade durante o 2020 ou a liña de axudas por peche do 23 de febreiro non cobren en absoluto as necesidades dos e das traballadoras.

As axudas  dadas até o día de hoxe, reiterou o nacionalista,  non abranguen á totalidade do sector e deixan  fóra a moitos traballadores e traballadoras. As cantidades son  escasas, e  seguen sen ser específicas. Resulta evidente  “que sen unha liña de axudas propias para o  sector do deporte, o problema non vai desaparecer”.

A día de hoxe, os autónomos e autónomas, as empresas e as entidades deportivas dedicadas aos servizos deportivos e de xestión de instalacións soamente puideron ser beneficiarios e beneficiarias destas axudas se acreditan ter un descenso de cando menos o 45% no ano 2020, comparado coa facturación de todo o ano 2019.

Esta circunstancia provocou que  a inmensa maioría non puidera acceder ás axudas, porque como sinalan os traballadores e traballadoras, o  sector do deporte en Galiza e incluso o Estudo de Avaliación do Impacto da pandemia da Covid19 sobre o ecosistema do Deporte en España,  confirman que a inmensa maioría  tivo perdas de arredor do 30% polo tanto moitas das persoas que se  dedican profesionalmente ao deporte e xeran traballo en Galiza no sector deportivo,  “non puideron acceder a ningún tipo de axudas despois de pasar por todos os peches e as consecuencias económicas do coronavirus”.

O  deporte  sempre reporta beneficios e promove unha vida saudable. Dende o BNG consideramos que un protocolo FISICOVID e axudas directas e especificas incrementan os beneficios do sector e das persoas usuarias, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG