BNG pedirá no vindeiro pleno crear unha comisión para investigar o financiamento irregular do PP

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Ana Pontón preguntará a Feixóo que aporta a súa posición ante o goberno do Estado para os intereses de Galiza
BNG pedirá no vindeiro pleno crear unha comisión para investigar o financiamento irregular do PP

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil anunciou os asuntos que serán debatidos na vindeira sesión plenaria, á iniciativa do BNG, tratados hoxe na Xunta de portavoces entre os que destacou: a solicitude dunha comisión de investigación sobre “o financiamento irregular do PP en Galiza” e unha proposición de lei para  reformar a Lei de Violencia machista para incluír  a “Violencia vicaria”, forma de maltrato á muller utilizando aos fillos e fillas contra ela.

Por outra parte,  Rodil lamentou que unha vez máis, o Partido popular rexeitara a solicitude do BNG para que o presidente da Xunta compareza na Cámara galega e explique a “opacidade e falta de información” na administración da vacina conta a COVID. Neste sentido, o BNG  defenderá  unha proposta para  eliminar as patentes dos produtos de loita contra a COVID-19 e a adquisición de vacinas.

Noutra orde de cousas, o BNG tamén  preguntará  polas   actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para o recoñecemento do Bierzo como provincia e  interpelará ao goberno sobre a política da Xunta sobre o acoso escolar e a relación coas novas plantacións de eucalipto.

A portavoz nacional do BNG,  Ana Pontón preguntará ao presidente da Xunta  que aporta a posición de Feixóo ante o goberno do Estado para a defensa dos intereses de Galiza.

Asemade, entre as iniciativas nacionalistas figura unha pregunta oral en pleno, polo trámite de urxencia, sobre a posición da Xunta de Galiza a respecto do Porto da Coruña e  preguntas relacionadas cos proxectos eólicos que ameazan a Serra do Suído e unha alternativa para garantir a supervivencia da planta Alu Ibérica da Coruña.

 

BNG pedirá no vindeiro pleno crear unha comisión para investigar o financiamento irregular do PP