O BNG parabeniza o pobo de Venezuela polo exercicio de participación para decidir o seu futuro

O BNG felicita ao pobo de Venezuela polo exercicio de participación para decidir o seu futuro
demostrando que non ten medo a exercer o seu dereito a voto nun contexto de inxerencia internacional, ameazas de tres Estados, coacción económica e diplomática e manipulación mediática.

A votación en favor dunha Asemblea Nacional Constituinte foi convocada en base ao artigo 348 da Constitución da República.  A legalidade da convocatoria foi avalada polo Pobo venezolano,  mobilizándose masivamente contra os actos violentos, incluídos os asasinatos, como o sucedido contra
un candidato á Constituinte.

A Executiva Nacional do BNG vai transmitir os parabéns á chancelería a través do consulado de Vigo e da embaixada en Madrid,  despois de amosar súa solidariedade co pobo venezolano, que durante este proceso estivo ameazado pola inxerencia do imperialismo, e de intereses económicos e estratéxicos que planean os recursos enerxéticos de Venezuela.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG