O BNG opónse á Reforma da Lei do Aborto e acusa ao PP de usar "argumentos falsos" no das menores

olaia24f5111A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu esta tarde á tribuna do Cámara Baixa para defender a emenda á totalidade presentada polo BNG á proposición de lei do PP que reforma a vixente Lei do Aborto na cuestión das menores.

Davila acusou ao PP de utilizar argumentos falsos á hora de presentar esta proposición de lei porque “o artigo 13.4 da lei vixente contémplanse toda as cautelas necesarias para as mulleres de 16 e 17 anos que deciden interrumpir o seu embarazo”. Ademáis, puxo de manifesto que menos do 10% das mulleres desta franxa de idade abortaron sen estaren acompañadas dos seus proxenitores e estivo suficientemente xustificado debido a problemas como o desarraigo familiar ou a violencia familiar.

Considerou a deputada do BNG que “desde a seriedade non se entende esta proposta do PP. E cremos que o PP hoxe está a optar por salvar votos de cara as elecións, e o BNG está a optar por salvar a moitas mulleres que se verán abocadas a abortar na clandestinidade”.

“Desenvolvan as políticas de prevención”

A portavoz do BNG fixo un repaso do consenso acadado na lexislatura pasada á hora de aprobar a vixente Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo. Destacou o feito de que foi unha lei moi reflexionada que se caracterizou por longas sesións de ponencias, e polos traballos da Comisión de Estudo que albergou multitude de comparecencias de persoas do mundo científico, do mundo xurídico, sanitario, educativo, do traballo social ou das ONG´s.

“E aínda que houbo persoas que sostiñan os argumentos que o PP trae hoxe aquí, era un sector moi minoritario”, afirmou.

Davila sinalou que a lei actual deu resposta á unha demanda social, e agora “as mulleres teñen garantías xurídicas e sanitarias á hora de abortar”. Ademáis, salientou a parte de medidas de prevención contidas na lei para reducir o número de abortos. De feitio, subliñou, os dados poñen de relieve que desde que a lei está en vigor se reduciu o número de abortos.

Afirmou Davila que a lei pode ser obxecto incluso de melloras no futuro pero actualmente non está suficientemente desenvolvida na cuestión de políticas de prevención e de reducción de abortos. Neste sentido, salientou a necesidade de mellorar este aspeito contido na lexislación actual.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG