O BNG e A Mesa acusan ao Estado español de incumprir a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias

Miranda Filgueiras e Terri Cabras
Miranda Filgueiras e Terri Cabras

Ana Miranda insta ao goberno estatal a adaptar a lexislación española para cumprir este tratado internacional ratificado en 2001

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cualificou de “tremendamente grave” o incumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias denunciado polo representante de A Mesa Pola Normalización Lingüística, Paulo Filgueiras, na súa intervención no Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo.

“Resulta imprescindible que o Estado español cumpra este tratado e para iso debe adaptar a lexislación”, defende Ana Miranda, quen explica que se trata dun tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas.

Asemade, a eurodeputada nacionalista propuxo o envío dunha carta por parte dos membros do Intergrupo de Linguas dirixida ao Consellol de Europa co obxectivo de denunciar a situación da lingua galega. Miranda lembrou que unha iniciativa similar xa se levou a cabo no 2010 sendo eurodeputado Oriol Junqueras, quen tamén participou nas manifestacións de “Queremos Galego”.

Pola súa banda, Filgueiras explicou que, en ocasións anteriores, os expertos europeos alertaron sobre as graves deficiencias na aplicación da Carta, nomeadamente no ensino, o que motivou unha recomendación do propio Consello de Ministros sinalando que a introdución doutra lingua non podía servir de escusa para a eliminación da propia no ensino. “Porén, nesta ocasión, o Estado remitiu ao Comité de Expertos un informe que manipula os datos e que mente, co fin de obter unha avaliación positiva”, denunciou o representante de A Mesa.

Ao seu xuízo, a Carta se converte en “papel mollado” se non se habilitan mecanismos para facer cumprir o tratado. Neste sentido, Filgueiras mencionou diversos casos da situación do galego en Galiza, como as queixas da cidadanía que non poden acceder á xustiza en galego, a animadversión e insultos por parte de funcionarios, a ausencia do galego nos medios de comunicación, “menos actualmente nos medios escritos diarios que a principios dos anos 80”, apuntou.

Outro dos aspectos que denunciou Paulo Filgueiras é o da substitución lingüística que segundo ten constatado A Mesa se está producindo do galego polo castelán en espazos comunicativos que eran inicialmente en galego fomentados tanto polo goberno galego e o estatal,

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG