CONGRESO

O BNG leva o Congreso as demandas das principais entidades sociais en defensa das linguas

Lingua
Lingua
Néstor Rego solicitou o Ministerio de Política Territorial e o Consello de linguas que se reúnan  coas principais entidades sociais das linguas propias para coñecer as súas reclamacións como fai o Comité de expertos da Carta Europea de linguas rexionais e minorizadas do Consello de Europa.
O BNG leva o Congreso as demandas das principais entidades sociais en defensa das linguas

O Bloque Nacionalista Galego logo de reunirse o pasado mes coas principais entidades sociais en defensa da lingua como son A Mesa pola Normalización lingüística, Plataforma per la Llengua, Escola Valenciana, Gazteriaren Kontseilua e Iniciativa pol Asturianu, instou o Ministerio de Política Territorial e o Consello de linguas a que se reúnan con elas para coñecer as súas reclamacións como fai o Comité de expertos da Carta Europea de linguas rexionais e minorizadas do Consello de Europa.

Néstor Rego preguntou o goberno se cumprirá o RD 905/2007 e que medidas adoptará a Administración Xeral do Estado para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía de territorios con lingua propia. “Pensa a Ministra de Política territorial e o Ministro de Xustiza atender a solicitude de entrevista destas entidades sociais de defensa da lingua” preguntou o deputado.

O BNG comparte as reivindicacións destas entidades a prol da lingua que son coincidentes coas recomendacións do Comité de Ministros do Consello de Europa feitas públicas en decembro de 2019:

  • Eliminar as limitacións para o ensino noutras linguas oficiais en todos os niveis educativos.
  • Corrixir a lei, para asegurar o uso das outras linguas oficiais nos procedementos xudiciais se algunha das partes o solicita.
  • Que a administración do Estado empregue as outras linguas oficiais nos seus respectivos territorios de implantación.
  • Aumentar o uso das outras linguas oficiais nos servizos públicos.
  • Facer públicas as avaliacións do uso das outras linguas oficiais na educación.

O Néstor Rego evidencia que “o Estado español non está adaptado á súa realidade plurilingüe”, e fai fincapé na administración xeral do Estado e na Xustiza, tal e como veñen sinalando as principais entidades sociais de impulso, normalización e defensa das linguas propias.