PARLAMENTO GALEGO

O BNG leva ao Parlamento a situación de Theneise co fin de salvagardar o emprego nunha conserveira que ten futuro

Concentración Theneiuse
Concentración Theneiuse
Pontón reprocha a Feixóo a súa inacción e pídelle que busque unha solución que garanta os postos de traballo no Grove, “ten que dar a cara”
O BNG leva ao Parlamento a situación de Theneise co fin de salvagardar o emprego nunha conserveira que ten futuro

O BNG, coa portavoz nacional Ana Pontón á cabeza, mantivo un encontro en sede parlamentaria cunha representación das traballadoras da empresa Theneise-Provoté, á que trasladaron o compromiso de poñer a crise da conserveira no centro do debate na Cámara co obxectivo de salvagardar o emprego e, nese sentido, xa presentou unha batería de iniciativas.

“Este tema será central no Parlamento coa intención de darlle unha solución a esta empresa porque non podemos permitir que se perda nin un só emprego”, salientou Pontón, tras responsabilizar ao goberno da Xunta “pola súa inacción que fixo que a situación chegase tan lonxe”.

Encontro traballadoras Theneiuse“Hai proxecto empresarial para darlle futuro a empresa e o que se precisa é que o actual grupo propietario se aparte para que poida haber futuro, porque non se pode perder nin un só posto de traballo e o que se precisa é dar a cara e o callo para evitar que, en plena crise, se siga destruíndo emprego e menos no sector da conserva que, neste contexto de pandemia, tivo grandes beneficios”, argumentou.

Por iso, insistiu a líder nacionalista, non se pode permitir “deslocalizacións e perda de tecido empresarial”. É responsabilidade directa da Xunta, recalcou, “evitar que ese sexa o destino da empresa” e comprometeu o traballo do Bloque tamén desde o Parlamento “para darlle unha resposta ás traballadores desta conserveira”.

Neste sentido,  Pontón lembrou as promesas do PP en campaña, a través do actual conselleiro de Economía, “pero non vale prometer en campaña o ouro e o mouro e despois esquecerse. A Xunta debe poñerse mans á obra porque está en xogo o futuro de 125 familias e o futuro dunha comarca como O Grove que non pode seguir perdendo emprego industrial. É un momento moi difícil e o goberno de Feixóo ten que poñerse a traballar nunha solución”, demandou.

 

O BNG leva ao Parlamento a situación de Theneise co fin de salvagardar o emprego nunha conserveira que ten futuro