O BNG lanza unha campaña contra o tarifazo da luz con actos informativos e accións políticas na rúa

Noa Presas e Bieito Lobeira
Noa Presas e Bieito Lobeira

Noa Presas dvirte que nova medida do goberno central obrigará a Galiza a pagar a factura da luz máis cara do Estado e avanza medidas para reclamar a redución  do IVE do 21% ao 4%, que Galiza non forme parte da orde do goberno central nos suplementos territoriais e unha tarifa eléctrica galega que nos beneficie por seren produtores

O BNG lanza unha campaña contra o tarifazo da luz con actos informativos e accións políticas na rúa

A portavoz de Industria  do BNG, Noa Presas e o responsable da área de Organización, Bieito Lobeira presentaron hoxe a campaña contra o tarifazo da luz baixo o lema "Paréceche normal?". para denunciar alto incremento do recibo da luz en Galiza.

A deputada Noa Presas  afirmou que  campaña   pretende denunciar  “á estafa que os galegos e galegas pagamos pola factura da luz”. Un aumento que responde a decisións políticas do Goberno central e da Xunta. Para a deputada, “ser un país produtor e  vítima do espolio enerxético das  eléctricas non nos libra da suba xeral da electricidade, cun incremento na última década do  80 por centro e un 9% no último ano”. Un verdadeiro “calote”, dixo,  que a agrava unha situación na que os galego  e galegas perciben os salarios e pensións máis baixas do estado.

Por outra parte, denunciou que pagamos o  IVE máis alto de toda Europa  e lembrou que foi o Partido popular e Raxoi, á cabeza, o que modificou a contía, pasando do 18% ao 21%. E agora, o denominado “goberno de cambio de Sánchez”, engadiu a nacionalista,  continua negándose a reducilo. Neste sentido, dende o  BNG,  propoñemos que a luz eléctrica, como ben básico, non soporte un IVE tan alto polo que reclamamos  “a súa redución ao 4%”.

A parlamentaria tamén se referiu á nova medida do goberno pola que todos os galegos e galegas pagaremos a factura máis alta de todo o estado, a pesar de seren exportadores de electricidade. O Goberno central, explicou está ultimando o recargo dos suplementos territoriais e de 111 M€ que serán recadados en todo o estado, Galiza deberá abonar 38M€. Madrid, que non produce electricidade e vive da que nos producimos só pagará 2 Millóns de euros. Isto, recalcou, Presas, “non é normal nin é xusto” porque temos  un país inzado de encores que no están a reverter para Galiza  ningún beneficio.

Noa Presas reiterou que as medidas do goberno Sánchez son “puramente cosméticas” e denunciou a “inacción” da Xunta neste ámbito.

A parlamentaria insistiu na necesidade de “ reducir o IVE ao 4%, que Galiza non sexa incluída na orde do Goberno central sobre os suplementos territoriais e unha tarifa eléctrica galega que beneficie ao noso país polo seu papel produtor”.

CAMPAÑA CONTRA A ESTAFA DA FACTURA DA LUZ

Pola súa parte, o responsable da Área de Organización, Bieito Lobeira avanzou que a campaña, que comeza hoxe, busca dar a coñecer as razóns de fondo polas que os galegos e galegos pagaremos o recibo da luz máis caro do Estado español.

A campaña incluirá actos públicos explicativos abertos a toda sociedade nas cidades e vilas de toda Galiza. Ademais, será  diverso material de cartelería, folletos ,vídeos, mensaxes nas redes sociais, autocolantes pero sobre, insistiu Lobeira,  presentaremos mocións en todos  os concellos galegos con representación do BNG. A campaña tamén contará coa instalacións de mesas para recoller sinaturas contra un problema que non ten “unha raíz dialéctica partidaria”, porque afecta a toda a sociedade e debemos enfrontarnos a el para que non se agrave máis.

Lobeira anunciou que o BNG realizará accións simbólicas pero de impacto para evidenciar o que cualificou de “manual do colonialismo”. Somos unha potencia produtora de enerxía eléctrica, padecemos os custes económicos, sociais  e medioambientais, surtimos a outras zonas e industrias do estado coa nosa electricidade  e sen embargo, “cada unha e cada un de nós somos obrigados a pagar as facturas da luz máis altas de todo o Estado español”.

O Goberno do Estado rebaixou as touradas ao 10% pero nós pagamos o 21% do IVE e o BNG, recalcou Lobeira “non imos poñer cara de parvos” e por iso  levaremos as nosas propostas  ao Parlamento, aos concellos e ao resto da sociedade, concluíu.