BNG insta á Xunta a reconsiderar a convocatoria de axudas para algunhas asociacións profesionais agrarias e resolver favorablemente as solicitudes

Mini Rivas
Mini Rivas

Xosé Luís Rivas lamentou o veto do Partido popular e a abstencións do PSOE que impediron un acordo unánime para resolver, de maneira satisfactoria, a reclamación das entidades afectadas

Rivas alega que o argumento esgrimido para denegar as axudas “non ten sentido” e só busca ampararse nun Registro de Asociacións que non compete aos solicitantes

O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) defendeu unha proposición non do fin de  instar á Xunta a  reconsiderar a resolución  de inadmisión dalgunhas  asociacións profesionais agrarias solicitantes de axudas para realizar actividades de interese agrario, convocadas para o ano 2021, con presenza probada no asociacionismo agrario deste País, e resolvelas de favorablemente.

Na defensa da iniciativa, Rivas explicou que o 13 de setembro do ano 2021, a Federación Rural Galega, FRUGA, presentou solicitude de subvención acolléndose á  Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, convocadas para o ano 2021.

O pasado 23 de novembro, engadiu o nacionalista, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do Conselleiro, ditou a resolución de “inadmisión” a esta entidade solicitante, alegando o incumprimento do  artigo 3.2 das bases reguladoras, que indica que son entidades beneficiarias as asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002 e no Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Neste sentido, Mini puntualizou  que nas Disposicións Xerais do Real Decreto 949/2015, de 23 de outubro, para a aprobación do devandito  Registro Nacional de Asociaciones, reflicten que “De esta manera, las asociaciones nacen al Derecho desde el mismo momento del acuerdo fundacional adoptado por los promotores, adquiriendo personalidad jurídica y plena capacidad de obrar, y se dotan de sus propias reglas de organización y funcionamiento a través de los correspondientes estatutos.

Se atribuye al Registro la competencia para la inscripción de las asociaciones de ámbito estatal, de aquellas que no desarrollen principalmente sus funciones en el ámbito territorial de una comunidad autónoma

Para o deputado, este regulamento recoñece que as asociacións que teñan, polo tanto  ámbito exclusivo nunha Comunidade Autónoma ou nunha provincia “non teñen cabida neste Rexistro” e esta circunstancia  non pode ser utilizada como  argumento para denegar unha subvención a entidades solicitantes con “presenza probada no asociacionismo agrario en Galiza”  porque é contraditoria e considerou que a Xunta debe revisar a convocatoria de axudas por non cinguirse as bases e tentar denegar subvencións a algunhas asociación que cumpren os requisitos exixidos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG