O BNG insta a Sánchez e as forzas políticas que apoiaron o cambio de goberno derrogar a reforma laboral

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas atribúe os datos do paro do mes de xullo  ao  turismo e pide analizar o alto número de contratacións precarias e temporais

A deputada do BNG, Noa Presas valorou hoxe os datos do paro do mes de xullo dos que dixo responden a substitucións no verán motivadas polo turismo. Por outra parte asegurou que resulta necesario analizar  o alto número de contratacións e temporalidade, factores que están a constatar  a “grande precariedade do mercado laboral”.

A nacionalista instou a Pedro Sánchez e as forzas políticas que apoiaron o goberno do cambio con berros “si se puede” que abran o debate para   “derrogar a Reforma laboral” e sexan devoltos os dereitos recortados aos traballadores e traballadoras.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG