O BNG insta a Feixoo a comparecer no Parlamento e pactar as medidas con todas as forzas políticas

Ana Pontón
Ana Pontón

Ana Pontón sitúa como primeiro requisito a “saúde” e non botar por terra todo o conseguido durante estas semanas de confinamento

Pide que o  Parlamento recupere a súa funcionalidade e  que Feixoo  comparecer unha vez a semana

Denuncia a  situación  das  residencias de maiores cun  46% de falecementos e reclama  “autocrítica” á Xunta e extremar as medidas de contención para salvagardar a saúde das persoas  maiores 

O BNG insta a Feixoo a comparecer no Parlamento e pactar as medidas con todas as forzas políticas

A portavoz nacional do BNG,   Ana Pontón, pide  a Núñez Feixóo que compareza no Parlamento galego, “unha vez a semana” e pactar con todas as forzas políticas “as medidas para un desconfinamento” con todas as garantías.

Pontón traslada ao Presidente da Xunta a necesidade de situar “a saúde” como primeiro requisito na toma de  decisións para unha desescalada e “non botar por terra” todo o conseguido durante estas semanas.

A portavoz nacional do BNG considera que o confinamento demostrou a resposta social e responsable da cidadanía galega ante a pandemia e chegou o  momento de “consensuar” entre todas as forzas políticas as medidas que nos permitirán saír a rúa e recuperar, paulatinamente, o tecido, laboral, económico e social en Galiza.

Un Parlamento confinado polo Partido popular

Por outra parte, a portavoz do BNG tamén trasladou ao Presidente da Xunta  a necesidade de devolver a actividade ao Parlamento galego e criticou que o titular do Executivo comparecera 19 veces en televisión e “unha na Cámara galega”. Feixóo, dixo, debe comparecer  “unha vez a semana” no Parlamento e dar conta da situación galega  na crise do coronavirus.

Para a nacionalista, a Xunta non pode pecar de “triunfalismo” e debe facer “autocrítica” ante datos que reflicten graves problemas na xestión política da crise. Neste sentido,   destacou que o  46% dos falecementos  foron rexistrados  nas residencias de maiores. A Xunta, debe “extremar todas as medidas de contención para salvagardar a saúde dos maiores” e reiterou que Feixóo debe “dar a cara” no Parlamento” e explicar a responsabilidade do goberno neste ámbito. 

 

O BNG insta a Feixoo a comparecer no Parlamento e pactar as medidas con todas as forzas políticas