O BNG insta ao PSOE a rexeitar a reforma electoral europea para garantir a pluralidade na Eurocámara

Ana Miranda
Ana Miranda

Ana Miranda critica que os novos requisitos para acceder ao Parlamento Europeo mermarían notablemente a representación de Galiza

O BNG insta ao PSOE a rexeitar a reforma electoral europea para garantir a pluralidade na Eurocámara

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclama ao  PSOE que non preste o seu apoio á reforma da Lei Electoral Europea que se votará este mércores no pleno do Parlamento Europeo. Esta proposta supón o aumento da porcentaxe mínima para obter representación na Eurocámara ao pasar do 3% actual ao 5%. 

Para la eurodeputada do Bloque resulta “incomprensible” que o PSOE se manteña ao “mesmo nivel” que o PP na súa intención de rebaixar a capacidade de representación dos Pobos de Europa, mermando considerablemente a presenza galega en la Eurocámara. “Sería lamentable que os partidos maioritarios pretendan manobrar para limitar a representación dos partidos nacionalistas”, considera.

Para Ana Miranda, por outro lado, resulta curioso que xusto a un ano das vindeiras eleccións europeas, o Consello da Unión Europea pretenda recuperar unha lei electoral de 1978, que podería entrar en vigor nos comicios de 2019. Este cambio afectará especialmente ás circunscricións únicas con máis de 35 escanos, como é o caso do Estado español e de Alemaña. 

“Temos unha certa marxe posto que para resultar aprobada cómpre o respaldo da maioría absoluta do Parlamento”, apunta a eurodeputada galega, quen insta ao novo executivo español a solicitar a retirada desta reforma. “Resultaría paradoxal que de saír adiante poderían quedar fóra algúns dos partidos que recentemente apoiaron a moción de censura para facilitar o cambio de goberno estatal”, sinala.  

Oposición conxunta

Ana Miranda considera que o BNG se vería afectado con esta reforma, xa que podería dificultar a súa representación na Eurocámara e rebaixaría a presenza de Galiza no Parlamento europeo. Unha situación similar ocorrería con outras forzas políticas como Esquerra, Bildu, Compromis, e Equo entre outras, que concorren ás eleccións baixo o paraugas de coalicións electorais amplas. 

Precisamente a eurodeputada do BNG promove, xunto a outros europarlamentares, a oposición a esta reforma co obxectivo de garantir o mantemento da pluralidade política, nacional e cultural na Eurocámara.