PARLAMENTO GALEGO

O BNG insta ao PP a manter o paritorio, as urxencias pediátricas e os servizos do Hospital de Verín

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas afirma que a decisión de pechar o paritorio responde á intención do Partido popular de desmantelar o hospital para convertelo nun centro de saúde  grande
O BNG insta ao PP a manter o paritorio, as urxencias pediátricas e os servizos do Hospital de Verín

Tras mostrar o seu recoñecemento e solidariedade do BNG con toda a veciñanza e profesionais da comarca de Monterrei pechado no Hospital de Verín pola eliminación  do paritorio e urxencias  pediátricas, a deputada do BNG, Noa Presas  afirmou que están   defendendo a sanidade pública diante dun goberno do Partido popular, “indecente e covarde”.

A parlamentaria defendeu onte, a última hora do debate no pleno que se está a celebrar no Parlamento galego unha proposición non de lei para manter aberto o paritorio de Verín e o servizo pediátrico pero os votos en contra do Partido popular impediron que a iniciativa do BNG prosperara.

A deputada explicou  que a actuación do Partido popular contra o hospital non é nova xa que no verán foron detectados problemas de persoal no bloque cirúrxico, a derivación de dermatoloxía a Ourense  e unha sospeita máis que fundada, dixo,   “a apertura da cociña do CHOU conlevará o peche da cociña do Hospital de Verín.

Por outra parte, denunciou que as decisións do Partido popular foron tomadas de “costas ao persoal” e lembrou que o   máximo responsábel de xinecoloxía non  estaba no hospital e  as enfermeiras saíntes da quenda de noite víronse obrigadas a avisar ás que entraban de mañá para asistir a unha  reunión de urxencia. A maneira de traballar da xerencia, caracterizase pola  “premeditación e aleivosía” e  trato ao persoal está provocando que decidan marchar de Ourense.

O BNG preguntou recentemente  ao conselleiro de Sanidade pola situación das lista de espera de pediatría da provincia de Ourense, e a día de hoxe, dixo afirmou Presas,  continuamos agardando polos datos. Ademais xa advertimos da “axenda oculta do PP” para que nuns anos Verín non atenda partos nin nenos. Son vostedes  Son vostedes unha “panda de hipócritas e mentirosos”, non tardaron nin 15 días en tomar a decisión.

O BNG pide a dimisión de Almuíña

A nacionalista afirmou que a  “falta de decencia” invalida ao conselleiro Almuíña  para ser responsable político de Sanidade  e onte perdeu unha oportunidade de ouro para “rectificar e dimitir”.

O Partido popular non aprendeu nada do pasado nin do  modelo “privatizador” que ensaiou de forma pioneira o Señor Feixóo na deplorable xestión das Fundacións Sanitarias que despois outros tivemos que rescatar. “Non aprenderon que coa sanidade non se xoga”.

Todas e cada unha das nais desta parte do país   deben ter os mesmos dereitos que unha nai na Coruña, en Vigo ou en Lugo e os  nenos e nenas tamén teñen o mesmo dereito á protección e saúde.

Resulta inaceptable que tomen por “imbéciles” á veciñanza, aos traballadores e traballadoras, aos alcaldes e alcaldesas, tamén do PP e ás mulleres pensando que lles vai funcionar a “política do medo” e lembrou que o pasado sábado,  20.000 persoas saíron  á rúa .

DESMONTAR AS MENTIRAS DO PP

Non é unha decisión técnica, é unha decisión política. Non é unha cuestión de seguridade, falsean e manipulan os datos porque durante días falaron de 45 partos cando xa houbera máis de 60 e saben  que sen as derivacións  chegarían aos 100.

Usan un estudo desfasado de 2009 sen acabar de ler o que di, cando fala das distancias.  Como se os demais non souberamos ler. Pero non somos números, somos persoas. Por outra banda fala de pericia “un goberno que fomenta  a precariedade, rotación, e a falta de persoal

Quen pode xustificar que é máis seguro non ter urxencias pediátricas que telas, preguntou. Alguén pode defender que para un meniño con febre en Pradocabalos (Viana do Bolo) ou en Manzalvos (A Mezquita) ou en Oímbra ou no propio Verín é mellor non ter urxencias e ir até Ourense en hora e media de viaxe que ter urxencias? Como se nota, dixo, que “vostede no ten que parir sufrindo contraccións e dilatando unha hora ou hora e media,  no mellor dos casos”.

A decisión de eliminar o paritorio de Verín é froito do seu “fracaso” na xestión  da sanidade en Ourense. É unha decisión contraria aos dereitos de nais e crianzas, é unha decisión inxusta e machista. A deputada do BNG volveu a reiterar que a Xunta debe rectificar.

 

O BNG insta ao PP a manter o paritorio, as urxencias pediátricas e os servizos do Hospital de Verín