O BNG insta ao Estado español a impulsar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Ana Miranda
Ana Miranda
Ana Miranda: “Fomentar o plurilingüismo que defende o Consello de Europa ten que traducirse en poder desenvolver a vida en galego”
No Día Europeo das Linguas, que impulsado polo Consello de Europa se celebra cada 26 de setembro, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defende que o Estado español debe afondar no cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que busca garantir a normalidade das linguas minorizadas.

Segundo a Carta, ratificada polo Estado español en 2001, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo estatuto en ámbitos como a sanidade, a educación, a xustiza, a administración, as relación sociais e económicas, a cultura e as relacións transfronteirizas.

O Bloque quere, unha vez máis, facer un chamamento sobre as deficiencias na aplicación da Carta ao respecto do galego no ensino, na sanidade ou nos medios de comunicación, por exemplo. “É contraditorio que o Consello de Europa busque fomentar o plurilingüismo coa conmemoración do Día Europeo das Linguas e que logo nos atopemos con problemas á hora de desenvolver a vida en galego”, sinala Ana Miranda, para quen fomentar o plurilingüismo “ten que traducirse en poder desenvolver a vida en galego”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG