O BNG inicia o novo curso político anunciando medidas contra o desemprego e a violencia machista

Executiva Nacional
Executiva Nacional

Ana Pontón afirma que a política do BNG nos gobernos municipais son o mellor aval ante os vindeiros comicios. Destaca o proxecto transformador nas cidades e a unidade, solvencia e cohesión do BNG

 

Santiago de Compostela, 27 de Agosto,  2018. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón compareceu ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos abordados na primeira xuntanza da Executiva Nacional ante o inicio do novo curso político tralo período estival.

Pontón manifestou que o BNG retoma a actividade “coas pilas cargada e moito ánimo” ante os retos que se presentan. Neste sentido, anunciou que o BNG priorizará na súa actividade política a xeración de “emprego, a loita contra a violencia de xénero e o impulso e defensa de Galiza ante a irrelevancia política á que a están conducindo ás forzas estatais”.

Sobre o emprego, Pontón amosou a súa preocupación ante unha situación de “debilidade” en Galiza pola  perda de poboación activa  nos últimos cinco anos ao que sumou a emigración xuvenil e un crecemento menor a respecto do Estado onde o emprego medra case o dobre. A portavoz nacionalista afirmou que os datos de emprego confirman “o fracaso da política de Feixóo” incapaz de implementar políticas propias para frear o desemprego e a emigración. Nesta liña, anunciou que o BNG quere abrir un debate para  cambiar a senda da precariedade, a  emigración e desigualdade e avanzou que nas próximas semanas presentará nun acto público unha batería de propostas en materia económica e social. Medidas, dixo que deben pasar pola innovación, investimento público, políticas de igualdade e máis ferramentas de autogoberno.

Ana PontónDEREITOS DAS MULLERES

Outro dos retos ao que nos enfrontamos é a defensa das mulleres. Dende o BNG, explicou, “é urxente colocar no centro da axenda política a loita contra a violencia de xénero” polo que imos propoñer no debate dos orzamentos galegos que o “1% dos recursos do noso país sexan destinados a mellorar as  políticas contra a violencia machista, a protección ás vítimas e darlle corpo a unha axenda pola igualdade incidindo na educación e sensibilización”

DEFENSA DOS INTERESES DE GALIZA

Pontón criticou a “irrelevancia política” de Galiza provocada polas forzas estatais que si algo demostraron, manifestou, é que pasan olimpicamente dos problemas dos galegos e galegas. “os vascos contan cunha tarifa eléctrica  propia que lles permite aforrar 50M€ e en Galiza se aplica un tarifazo que incrementará o recibo”, en Madrid foron rescatadas as radiais e en Galiza, “soportamos as peaxes abusivas da AP-9” e agora sabemos que Valencia acada un financiamento extraordinario mentres o Estado segue sen aboarnos 182 M€ que debe a Galiza en materia de dependencia. “A Xunta non defende un financiamento que beneficie  Galiza e nin sequera  reclama as débedas”. Criticou.

A líder do BNG reivindicou unha axenda galega ante o Estado que inclúa  “a transferencia da AP-9, para rematar coas abusivas peaxes, derrogar a prorroga de ENCE, unha tarifa eléctrica propia, o final das obras do AVE, crear os xulgados de violencia de xénero en todas as cidades e unha relación bilateral entre Galiza e o Estado para negociar o financiamento.”

O BNG PECHARÁ AS CANDIDATURAS EN SETEMBRO

Ante a próxima dobre cita electoral, europeas e  municipais, Pontón avanzou que o BNG enfrontase  con optimismo e desde a confianza porque, contamos “cunha organización sólida e solvente, un proxecto coherente de país e o aval dos gobernos sólidos e de éxito dos concellos nacionalistas”. Concellos, que referentes de alternativas para o  benestar,  calidade de vida,  defensa do idioma e a cultura, e   rexeneración urbana.

No mes de setembro, o BNG pechará as candidaturas, “unha escolla de candidatos e candidatas escollidas  por toda a militancia”.

O BNG tende a man a todas esas persoas que creen necesario fortalecer forzas propias no noso país e sabendo que nas vindeiras elección municipais non só se elixen as persoas que gobernarán durante catro anos, “tamén o primeiro paso para o cambio que precisa Galiza, un cambio política que o BNG aspira a liderar para deixar atrás todos estes anos das políticas fracasadas do Partido popular que tanto deterioro provocou nos servizos públicos, desemprego e emigración de miles de mozos e mozas

“Os concellos do BNG levan anos demostrando que temos un proxecto ilusiónante e transformador que nos sitúa  como referente de cambio real  nas cidades. Os concellos BNG son unha marca de calidade  porque  demostraron ter  solucións aos problemas e por iso  impulsamos todo o traballo de preparación das eleccións municipais, coa militancia nas comarcas en pleno proceso de selección dos mellores candidatos e candidatas para presentar en todos os concellos do país”, candidaturas que quedarán pechadas no mes de setembro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG