DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O BNG garantirá a atención da Deputación ás urxencias da veciñanza e dos concellos

Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña
Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña
O BNG garantirá a atención da Deputación ás urxencias da veciñanza e dos concellos para axudar a paliar os efectos da crise sanitaria, social e económica
O BNG garantirá a atención da Deputación ás urxencias da veciñanza e dos concellos

Primeiras medidas:

  • Achega de 38 millóns de euros aos concellos para compensar a demora da recadación.
  • Destinar todo o superávit de 2019 aos concellos para atender as necesidades derivadas da crise do coronavirus.
  • Plan de choque para paliar a paralización e as perdas do sector cultural profesional (ampliación da Rede Cultural para que se poida programar tamén no primeiro trimestre do 2021, garantización das programacións previstas, axilización dos pagamentos das liñas de subvencións, campaña de promoción da cultura galega).
  • Priorización do pago a provedores e contratistas.
  • Ampliación e axilización do servizo de tele-asistencia.
  • Cesión de instalacións para os servizos de emerxencia e sanitarios.
  • Paralización do cobro de impostos e taxas e embargos.
  • Continuidade de todos os servizos por vía telemática.

 

O BNG garantirá a atención da Deputación ás urxencias da veciñanza e dos concellos