BNG e a frota cefalopodeira manterán en Bruxelas unha xunta co Director Xeral de Pesca da Comisión

Ana Miranda en rolda de prensa

FOTO CEFALOPODEIROS 2A Responsábel do BNG en Bruxelas, Ana Miranad, e o deputado no Parlamento galego, Daniel Rodas, mantiveron este mediodía unha xunta en Marín con representantes da frota cefalopodeira afectados pola exclusión do Acordo de Pesca UE-Mauritania desde o ano 2012.

Na comparecencia posterior, Ana Miranda anunciaron unha axenda de traballo ao máximo nivel en Bruxelas, onde manterán unha entrevista o vindeiro xoves, 26 de novembro, co Director Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da Comisión Europea, Joao Aguiar Machado. Ademáis de Ana Miranda e Daniel Rodas, asistirá á dita reunión o Xerente da Cooperativa de Armadores, Juan Martín Fragueiro en representación de ANACEF.

É importante que os cefalopodeiros pesquen de novo en Mauritania

Na liña habitual de traballo do BNG en Bruxelas, representantes do sector cefalopodeiro galego terán a oportunidade de expoñer de primeira mán ao máximo xestor da Política Pesqueira Europea, os seus plantexamentos e argumentos para que 16 barcos cefalopodeiros galegos poidan voltar ao caladoiro mauritano a pescar, após de que fosen expulsados en 2012.

“Esta axenda de traballo en Bruxelas ten a pretensión de que se acade un novo Acordo pesqueiro. Preocúpanos que se xogue co sector pesqueiro agora que se acercan as elecións do 20D”, sinalou Ana Miranda na súa alusión á viaxe da Conselleira de Pesca á Bruxelas esta semana. “Agardamos voltar cunha decisión positiva e con información directa. Non temos ningunha intención de viaxar para unha foto, imos da mán do sector a unha xunta que levamos agardando desde xullo pasado”.

Pola súa parte, Daniel Rodas asegurou que a frota cefalopodeira se atopa nunha situación de emerxencia após da súa exclusión do Acordo con Mauritania en 2012. “Aínda que a ANACEF lle quedan 16 barcos, están malvivindo en diferentes caladoiros. Consideramos urxente que se lles inclúa nun novo Acordo. Existen alternativas, incluso no caso de que as cotas de polbo fosen inferiores ás necesidades da frota, e que pasan por habilitar modalidades de pesca demersal e crustáceos co fin de facer rendíbel a actividade pesqueira”.

Daniel Rodas acusou ao Goberno galego de ir a Bruxelas “sin nin siquera consultar co sector. Non lle pregunta ao sector, non vai acompañada deles e solicita información cando até hai dous meses o Presidente da Comisión de Pesca era Javier Mato, do PP e ponente do informe que se presentou na Comisión para defender a renovación do Acordo pesqueiro. O único motivo da viaxe de Quintana foi a súa preocupación pola capacidade de traballo do BNG”.

En canto ao portavoz dos mariñeiros, Xavier Aboi, agradeceu ao BNG a súa defensa da pesca galega: “Queremos ter frota, debemos ter frota e é imprescindíbel mantela”. Sinalou que o sector cefalopodeiro galego “é un sector moderno e competitivo que está a ser liquidado con beneplácito de Europa e o consentemento do Goberno central e da Xunta”. Censurou a “pasividade do Goberno español e do galego. A reunión do vindeiro xoves é consecuencia da total ausencia dos nosos gobernantes na defensa da nosa frota”, afirmou.

Unha vez substanciada esta axenda de traballo en Bruxelas, a delegación ao completo comparecerá plublicamente para informar do resultado das entrevistas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG