Congreso

O BNG exixe no Congreso a creación dunha comisión de investigación sobre a espionaxe a líderes políticos

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego salientou que unha sociedade que pretenda ser democrática non pode ter cabida a persecución de rivais políticos co uso de métodos ilegais, como lamentabelmente constatamos en demasiadas ocasións.

O BNG exixe ao goberno que investigue os feitos, depure responsabilidades e adopte medidas drásticas para garantir que ninguén será vítima de espionaxe por defender un determinado proxecto político.

O BNG, xunto a ERC, Junts per Catalunya, PNV, EH Bildu, CUP, EQUO, Compromís e Unidas Podemos, vén de rexistrar a proposta de creación dunha Comisión de Investigación sobre a espionaxe e intromisión á privacidade e intimidade de líderes políticos, institucións e persoas individuais por parte de estruturas públicas do Estado.

Segundo informacións publicadas por The Guardian e El País revelan unha presunta espionaxe ao president do Parlament de Cataluña, Roger Torrent, a ex-deputada das CUP, Anna Gabriel, e outros representantes do independentismo, así como ás investigacións e informacións referidas ao Caso Villarejo. “As forzas políticas asinantes denunciamos a gravidade destes feitos e exiximos que se investiguen até o final” subliñou o deputado do BNG, Néstor Rego.

Unha vez máis, as cloacas do Estado actúan contra a disidencia política con ferramentas opacas e antidemocráticas que vulneran dereitos fundamentais. O propio Congreso constatou a existencia dunha “policía patriótica” impulsada polo goberno do Partido Popular que se dedicada a atacar aos rivais políticos que contaba co seu brazo mediático e o seu brazo xudicial. O BNG que o Estado non pode espiar aos seus cidadáns e cidadás en función das súas ideas políticas.

Néstor Rego salientou que “unha sociedade que pretenda ser democrática non pode ter cabida a persecución de rivais políticos co uso de métodos ilegais, como lamentablemente constatamos en demasiadas ocasións”. Por este motivo, o BNG exixe ao goberno que investigue os feitos, depure responsabilidades e adopte medidas drásticas para garantir que ninguén será vítima de espionaxe por defender un determinado proxecto político.

Neste sentido, o BNG propón que o Congreso investigue novamente a existencia das cloacas do Estado no marco dunha comisión ampla na que podan comparecer todos os implicados e implicadas. “Nunca normalizaremos prácticas ilegais que vulneran dereitos fundamentais. É unha exixencia democrática” explicou o deputado nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG