CONGRESO

O BNG exixe ao Goberno a normalización da lingua galega na Administración do Estado e na Xustiza

Néstor Rego
Néstor Rego
O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, presentou esta maña unha iniciativa no Congreso para reclamar o cumprimento da Carta Europea das Linguas
O BNG exixe ao Goberno a normalización da lingua galega na Administración do Estado e na Xustiza

O Comité suspende o Estado español no uso das linguas oficiais na Administración de Xustiza. O Comité de Ministros recomendou ás autoridades españolas modificar o marco legal co fin de deixar claro que as autoridades xudiciais, civís e administrativas das Comunidades Autónomas poden levar a cabo os procedementos en idiomas oficiais a pedimento dunha das partes. A pesar desta recomendación, que foi reiterada nos últimos períodos, non houbo progresos a respecto diso. Así, o artigo 231 da LOPX aínda obstaculiza a aplicación do art. 9 da Carta, pois só permite o uso da lingua cooficial se ningunha das partes pon obxeccións. Ademais, o seu uso require tradución e, por tanto, alonga os procedementos. Esta situación é unha barreira para a utilización práctica dos idiomas cooficiais no ámbito da administración xudicial.

Por estes motivos, o deputado nacionalista pregunta ao Goberno se tomará medidas para solucionar este problema coas diferentes linguas do Estado que non son o castelán. Rego fai tamén fincapé de normalizar o uso do galego nos medios de comunicación públicos estatais. 

Néstor Rego acudirá hoxe a Compostela para acompañar a todas as persoas que se concentren na praza do Toural no acto programado pola plataforma Queremos Galego! para reivindicar e visibilizar o comunicado que se fixo público esta semana.

O BNG exixe ao Goberno a normalización da lingua galega na Administración do Estado e na Xustiza