CONGRESO

O BNG esixe máis cota de xarda para a frota galega

Xarda
Xarda

Néstor Rego exixe que se realice un reparto lineal en relación ao número de barcos e tripulantes.

Os nacionalistas salientan que a frota do cerco é imprescindíbel para a supervivencia económica de boa parte das vilas costeiras galegas.

O deputado do BNG enfatizou que a Galiza precisa de capacidade soberana para decidir sobre a súa pesca e negociar con terceiros países

O BNG esixe máis cota de xarda para a frota galega

O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar ao Goberno que se modifiquen os criterios polos que se fai o reparto das cotas da xarda estabelecidos na Orde Ministerial de 2015 pola que se ditou un Plan de Xestión para o Cantábrico Noroeste. O BNG denuncia que o reparto efectuado con estes criterios é gravemente prexudicial para a frota galega e mesmo supón un evidente agravio comparativo con outras zonas do Estado.

Para mudar a discriminación da nosa frota pesqueira, o deputado Néstor Rego pediu no Congreso que o reparto se faga con criterios socioeconómicos, é dicir, un reparto lineal atendendo ao número de tripulantes, tal e como se establece no artigo 17 da nova Política Pesqueira Común (PPC). O deputado nacionalista sinala que esta pesquería é imprescindíbel para a viabilidade económica da frota galega e “supón manter riqueza económica, millares de postos de traballo e aposta por un consumo saudábel e unha arte de pesca sustentábel, que repercute de forma directa na situación socioeconómica das vilas costeiras”.

O BNG xa ten levado en distintas ocasións esta cuestión ás diferentes institucións, sempre reclamando elevar a cota de xarda atribuída á forta do noso País. O deputado do BNG subliña que tanto o reparto entre estados efectuado pola Unión Europea como o reparto que realiza o Estado español prexudican a Galiza. Nese sentido, Rego enfatizou que o noso País precisa de capacidade soberana para decidir cando, como, onde e canto pescar e para negociar de forma directa con terceiros países. 

 

O BNG esixe máis cota de xarda para a frota galega