parlamento galego

BNG esixe un maior compromiso da Xunta para mellorar a planta xudicial galega

Iago Tabarés
Iago Tabarés
Iago Tabarés  advirte que a reforma en trámite da LOPX prexudicará aos núcleos rurais  ao introducir a posibilidade de que un  partido xudicial  poda ser  atendido por outro diferente

O deputado e portavoz de Xustiza do BNG, Iago Tabarés interpelou ao goberno ante a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial  que introduce a posibilidade de que un partido xudicial poda ser  atendido por outro diferente,  medida que na súa opinión,  podería  prexudicar gravemente aos núcleos rurais.

Tabarés afirmou que Galiza carece do número necesario de unidades xudiciais tras unha década de “inacción” do goberno galego e na actualidade os xulgados soportan  “166 mil asuntos pendentes”, 11.500 máis que no ano 2021.

Ao seu xuízo, as competencias galegas en materia de  planta e demarcación xudicial son “escasas” e a Xunta non  as exerce “nin fai nada para a súa ampliación”, a pesar de estar en trámite a Lei de Eficiencia Organizativa.

“Galiza só ten a posibilidade de ser oída ao igual  que o Consello Xeral do Poder Xudicial, antes de que o goberno central decida  a creación de novas unidades xudiciais” pero a Xunta, remarcou  o nacionalista, “non transmite a súa posición ao goberno” e prefire delegala na Comisión Mixta na que por outra parte, “ o goberno galego pouco aporta” .

Na súa intervención, o deputado do BNG preguntou se o goberno galego iniciará accións para incrementar as competencias galegas en materia de planta xudicial ante o medre de números de asuntos pendentes   en todos as ordes xurisdiccionais e  nomeadamente en civil e penal. Nos  xulgados e tribunais da orde civil, a finais do 2022,engadiu Tabarés, os casos pendentes eran case o dobre de hai dez anos e  Galiza está situada entre as  CC.AA de máis elevadas  taxas de dependencia e conxestión.

Ademais, a insuficiencia da planta xudicial durante os últimos 15 anos  colocaron “nunha situación crítica” a un gran número de xulgados das vilas galegas e no terceiro

trimestre de  2022 as seccións civís dos xulgados de Carballo, Ribeira ou Sarria chegaban practicamente ao módulo de entrada fixado polo Consello Xeral do Poder Xudicial para todo o ano, superado amplamente nos de Vilagarcía ou Viveiro.

Nesta liña, explicou que “todos os xulgados mencionados necesitarían un ano enteiro sen entrada de ningún preito novo para pórse ao día nos asuntos xa pendentes”.

O deputado do BNG sinalou que o colapso nos xulgados non se produciu grazas ao extraordinario esforzo das traballadoras e salientou que a folga de letrados e letradas pode ter consecuencias determinantes se non se chega a unha solución.

A insuficiencia da planta xudicial atinxe tamén ao xulgados do penal de Ourense e Lugo superando o módulo máximo de entrada e cun elevado número de asuntos pendentes.

Se o incremento da planta xudicial, baseado exclusivamente na superación dos módulos aprobados en 2018 resulta inadecuado nos xulgados do penal, “moito peor resulta nos de violencia sobre a muller”, sinalou.           

O parlamentario lembrou que o BNG leva anos reclamando que sexan incrementados os equipos técnicos do IMELGA  e denunciou a  “falta de interese da Xunta” polo uso de

sistemas extraxudiciais para a resolución de conflitos,   mediación familiar intraxudicial e  a existencia de  convenios para o seu funcionamento.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG