O BNG esixe o cese de Almuíña por ignorar a profesionais e usuari@s da sanidade pública

 Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado subliña que o persoal sanitario “xa non cre as propostas baleiras” da Xunta e reclama máis medios humanos e económicos para a sanidade

O BNG reclamou o cese do titular de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ao que define como “conselleiro escapista” que fai ouvidos xordos ás demandas dos e das profesionais e das persoas usuarias e nega a realidade dun sistema público de saúde deteriorado por unha década de recortes e privatizacións do PP.

A proba desa desconexión e da prepotencia do máximo responsable da sanidade é o enésimo rexeitamento dos e das profesionais  a un plan co que Almuíña pretendía aplacar o descontento. “Xa non se creen propostas baleiras, senón que queren persoal, orzamento, tempo para atender aos doentes”, salientou a portavoz de Sanidade, Montse Prado, autora dunha moción que cualificou de “realista se realmente o PP quere rectificar e tomar medidas como as que demandan os e as profesionais”.

Xunto co cese do conselleiro, “porque non pode estar a fronte da sanidade pública unha persoa que ignora ás demandas sociais”, a moción nacionalista incluía as 6.067 prazas vacantes no SERGAS, para dar a estabilidade laboral “que permita acabar coa precariedade e poñer fin aos contratos por días e até por horas”, indicou Prado. Igualmente, cubrir as baixas na súa totalidade, aumentar as prazas de especialistas e para a formación MIR.

A iniciativa do Bloque, rexeitada polo PP, tamén incluía acabar coas listas de espera contratando ao persoal necesario e sen recorrer á derivación á privada. A deputada puxo como exemplo o dunha muller cunha doenza grave que ven de recibir cita en xinecoloxía no CHUS para xuño de 2020. “E despois teñen a desfachatez de presumir de listas de espera cando esta é a realidade do noso país”, recriminou Prado.

 

En relación á dotación económica, a moción nacionalista recollía un plan urxente con 200 millóns de euros para mellorar a atención primaria, “o que permitiría aportar recursos dun xeito inmediato como reclama o persoal sanitario” recalcou, tamén  recuperar as xerencias con capacidade de decisión e con orzamentos. Finalmente, en atención primaria, a máis damnificada polos recortes do PP, o BNG solicita a convocatoria de 420 de médic@s de familia.  Todas as propostas foron rexeitadas cos votos populares.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG