BNG esixe ao PP que “exerza as súas responsabilidades e deixe de buscar culpables” fronte a inacción no colapso da sanidade pública galega

Montse Prado
Montse Prado

Prado emprazou á Consellería de Sanidade a tomar medidas e facerse cargo do que é do seu eido de actuación en materia sanitaria xa que “o PP responsabiliza a outros do que non fai nas súas competencias”

A portavoz de Sanidade acusou á Consellería de Sanidade recriminou unha situación para as e os profesionais sanitarios onde “falta estabilidade, faltan condicións laborais dignas, mais sobra a improvisación do Goberno do PP”

O BNG emprazou no Parlamento ao Goberno do PP a exercer as súas responsabilidades ampliando a oferta prazas MIR e as taxas de reposición de profesionais sanitarios para garantir a estabilidade dun sistema público de saúde que leva soportando 14 anos os recortes dos Populares.

“Hoxe volvemos escoitar o relato no que o PP leva instalado dende hai tempo, responsabilizar a outros do seu desastre, minando o autogoberno”, recriminou a portavoz de Sanidade, Montserrat Prado fronte unha consellería de Sanidade que “non planificou e non coñece a realidade dos datos” e “responsabiliza a outros do que non fai nas súas competencias”. De feito, remarcou Prado, o BNG sinalara que nos propios informes da Xunta  “poñíase negro sobre branco a necesidade de tomar medidas para garantir o relevo xeracional. Fixeron caso omiso. Que fixo o PP? Votar en contra. Sabía vostede o que ía acontecer? Sabían os conselleiros o que ía acontecer? Si”, criticou.

O Executivo dos Populares, criticou a parlamentaria nacionalista, reduciu o orzamento en Sanidade e, especialmente, o orzamento e non adecuar as demandas de formación ás necesidades galegas. De cada dez profesionais xubilados só se repuxo un, non se convocan prazas suficientes”, denunciou. Un sistema público de saúde, en definitiva, no que “falta estabilidade, faltan condicións laborais dignas, mais sobra a improvisación do Goberno do PP”, remarcou.

Fronte esta situación, expuxo Prado, “a cidadanía sae á rúa para reclamar medidas porque a Atención Primaria está facendo augas e o PP non quixo escoitar. Puxeron o acelerador para chegar á meta do esnaquizamento da sanidade pública”. Emprazou á Consellería de Sanidade a convocar o número suficiente de prazas MIR para cubrir a demanda e incidiu na precarización da especialidade de medicina Familiar e Comunitaria, “non se prestixia, porque é a grande descoñecida e, sobre todo, pola alarma que se xera ao teren a formación, profesionais escandalizados pola situación precaria na que teñen que traballar, ata o punto de que o 60% dos que entran non se queren quedar na Atención Primaria”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG