BNG entrega 1.600 sinaturas no Parlamento para pedir o mantemento das liñas de autobús que conectan Vila de Cruces e Santiso coa Coruña

Entrega sinaturas liña autobus Vila de Cruces A Coruña
Entrega sinaturas liña autobus Vila de Cruces A Coruña
A Xunta anunciou unha reordenación das liñas que, segundo explicaron as e os representantes do Bloque, “non convence a ninguén”
BNG entrega 1.600 sinaturas no Parlamento para pedir o mantemento das liñas de autobús que conectan Vila de Cruces e Santiso coa Coruña
Concelleiras e concelleiros do BNG dos municipios afectados pola ameaza de supresión das conexións en autobús de Vila de Cruces e Santiso coa Coruña presentaron no Parlamento galego máis de 1.600 sinaturas para solicitar o mantemento e mellora destas liñas de transporte, de especial importancia para a cidadanía do rural. No rexistro da petición popular estiveron tamén a deputada Iria Carreira e o deputado Xosé Luís ‘Mini’ Rivas.  

Logo de que transcendera que as conexións corrían o risco de ser suprimidas, a Xunta anunciou unha reordenación das liñas que, segundo explicaron as e os representantes do Bloque, “non convence a ninguén”. Así pois, consideran necesario que o Goberno galego non só garanta o mantemento das liñas senón tamén a mellora das mesmas porque, segundo salientaron, “o rural non pode quedar sen servizos que son vitais para a xente, fundamentalmente para a maior, pero tamén para a que precisa do transporte público tanto para trasladarse á cidade como para desprazarse polo territorio”.  

Neste sentido, cómpre lembrar que a liña de autobús que conecta Vila de Cruces e A Coruña transcorre por Mesía, Arzúa, Boimorto, Abegondo, Carral, Cambre e Culleredo, mentres que a que comunica Santiso coa cidade herculina pasa tamén por Arzúa, Frades, Oroso, Ordes, Carral e Culleredo, polo que ámbalas dúas concentran unha importante demanda do rural tanto da comarca do Deza como da provincia da Coruña. 
 

 

BNG entrega 1.600 sinaturas no Parlamento para pedir o mantemento das liñas de autobús que conectan Vila de Cruces e Santiso coa Coruña