O BNG denuncia á TVG ante a Xunta electoral por “silenciar” a Ana Pontón nas súas informacións

Montse Prado
Montse Prado

A TVG só utiliza “imaxes cunha  voz en off” as informacións da candidata nacionalista  á presidencia da Xunta, afirma Montse Prado en sede parlamentar

Montse Prado critica a sobreexposición de Feixóo na TVG, en plena pandemia, e acusa ao PP de utilizar os medio públicos galegos  como “terminal de propaganda”

A deputada e candidata do BNG, pola provincia de Pontevedra, Montse Prado, anunciou hoxe na sesión plenaria, celebrada no Parlamento galego, que o “O BNG denunciará a TVG polo silencio ao que somete á candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón”. O Partido popular, explicou, tenta anular ao contrario e para iso non dúbida en “quitarlle a voz” a portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta de Galiza, Ana Pontón. Durante días, explicou Prado,  observamos a escasa información do BNG, con  imaxes e unha  “voz en Off” mentres son emitidos os totais completos das outras forzas políticas.

Para a nacionalista, o  control do  Partido popular sobre  os  medios públicos galegos e a súa conversión “nunha terminal de propaganda do PP” quedou de manifestou ao longo destes once anos, pero agora acentúase “até a náusea” cando en plena pandemia da COVID-19 todos os galegos e galegas que pagamos a CRTVG tivemos que soportar más de “40 comparecencias televisadas de Feixóo” convertidas en “40 mitins encubertos” en horario de máxima audiencia e superando 40 horas de pantalla con máis de 2.400 minutos. “Nin franco saía tanto no NO-DO como Feixóo na TVG”.

Neste sentido, cualificou de “inaceptable” o uso do Partido popular dos medios públicos galegos e a práctica do PP  “quitándolle  a voz a candidata do BNG”, proceder que ao seu xuízo,  responde ao medre continuo do Bloque Nacionalista galego,  que o Partido popular quere impedir.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG