O BNG denuncia as taxas abusivas de Portos de Galiza aos concellos

Ana Pontón
Ana Pontón

Ana Pontón pide eximir aos concellos das taxas portuarias, desafectar os espazos portuarios para convertelos en terreos municipais e modificar o réxime de sancións aos concellos con portos

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denunciou que  Portos de Galiza aplica  aos concellos con portos  unha “taxas abusivas” pola utilización de espazos públicos.

Para a nacionalista, O PP coa aplicación das taxas está a “privatizar” os portos restrinxindo o uso de espazos públicos para a  participación cidadá. A visión do Partido popular, é para Pontón  “recadatoria e mercantilista” e os beneficios polas taxas portuarias non reverten na mellora dos portos.

Portos de Galiza está a facer “caixa” cuns concellos que deben soportar un financiamento moi deficiente. Pontón tamén denunciou a “falta de dialogo cos propios concellos para xestionar eses espazos e afirmou que “a lei de portos do PP alimenta a tendencia privatizadora, un cobro de taxas abusivas e un cambio de modelo portuario que rompe coa tradición galega de considerar os portos como lugares de encontro e participación social”.

Ana PontónTAXAS DE 50.000 EUROS PARA MERCADOS

Pontón lembrou que o concello de Cambados debe pagar ao ano 50mil euros ao ano para utilizar o mercado e 15.000 euros por colocar as casetas da festa do Albariño. En Rianxo as taxas polas festas da Guadalupe incrementáronse un 70%, no concello de Fisterra por utilizar o espazo portuario para o mercadillo debe abonar 8.000 euros e 200 euros cada día. Todos os concellos cobran polas terrazas, dixo Pontón pero non resulta lóxico que as terrazas nos portos deban abonar catro veces máis que as taxas municipais.

Pontón anunciou que o BNG rexistrou unha proposta para modificar a lei que defenderá proximamente no Parlamento galego para: “ eximir, tanto aos concellos como as asociacións sen ánimo de lucro do pago das taxas por utilizar espazos portuarios para actividades, lúdico, festivas, deportivas e tradicionais como os mercados, desafectar os espazos que tiveron uso portuario e que na actualidade forman parte da trama urbana, crear un organismo entre concellos e portos para as decisións que afecten as dúas administración, e modificar o réxime sancionador para non obrigar a unha persoa que pesque nun porto a pagar unha multa que pode rondar os 60.000 euros”.

122 CONCELLOS CON PORTOS AFECTADOS POLAS TAXAS

Pola súa parte, a deputada Montse Prado manifestou que a primeira lei de Portos de Galiza foi elaborada “de costas viradas ao sector e veciñanza” e sobre todo aos concellos. “122 estruturas portuarias insridas nos propios concellos que agora deben soportar taxas abusivas pola utilización dos terreos para actividades”

Félix Juncal, alcalde de Bueu explicou que trala  resolución presidencial  do mes de setembro,  as actividades de carácter lúdico, cultural, deportiva e social así como outros servizos públicos como os mercadillos ambulantes teñen cada vez máis problemas e deben asumir unhas taxas abusivas por utilizar espazos que sempre foron usados de maneira  tradicional. Recentemente, explicou non foi autorizado un concerto musical  nunha praza pública nun espazo portuario en réxime de concesión  administrativa ao concello. Juncal recalcou o “interese recadatorio de Portos de Galiza” nas  actividades desenvolvidas polos concellos e que afectan tamén aos sector privado, sobre todo a hostalería, en Bueu, dixo,  hai unha praia no centro da vila con tres chiringuitos autorizados “cunhas taxas que chegan ao 800%”, denunciou

Para o alcalde de Bueu, Portos de Galiza debe “de oficio” desafectar os espazos sen usos portuarios e traspasalos  ao dominio público, marítimo, terrestre para que os concellos podamos utilizalos, entre eles, as praias, xardíns, parques, e tramos de vías públicas. “Os concellos comprométemos a asumir a limpeza e mantemento  de todos eses espazos”.

Finalmente, Félix Juncal reiterou que as taxas “non se xustifican” e avogou por un uso compatible dos concellos co uso portuario. Ademais denunciou que  os beneficios polas actividades non reverten na melloras das instalacións dos portos. “Pedimos un cambio de rumbo porque a  FEGAMP non nos representa, máis ben, cremos que é cómplice coa administración e deriva todos os asuntos problemáticas aos concellos”, concluíu.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, a portavoz nacional Ana Pontón estivo  acompañada  pola deputada e portavoz de Pesca, Montse Prado e os alcaldes de, Boiro, Félix Juncal, Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Vítor Caamaño, tenente de alcalde de Cambados, Irate García, portavoz municipal en Noia, Xan Carlos Sar, tenente de alcalde de Fisterra, Mercedes Xiráldez, tenente de alcalde do concello de Cangas, Iago Pereira portavoz en Baiona e Alfredo López portavoz contra a prohibición de pescar nos portos anunciou que o BNG presentará en todos os concellos afectados unha moción contra as abusivas taxas.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG