BNG denuncia que dos 180M de euros do PLADIGA só se destinen 33,1M a prevención

María Albert
María Albert
María Albert lamentou que unha vez máis,  o Partido popular impedira que prospera a proposta do BNG para rematar coa precarización do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais

A portavoz de Montes do BNG, María Albert criticou hoxe, a baixa dotación para a prevención de incendios, 33,1 M€ do total do PLADIGA con 180M€ e falta de “exemplaridade da Xunta” nesta materia.

Na defensa da proposición non de lei na que reclamaba rematar coa  coa precarización do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais, substituíndo as brigadas de “6 e 9 meses de persoal  fixo  descontinuo por brigadas fixas con contrato durante todo o ano” e  aproveitar ese persoal para asumir a execución directa da maior parte dos labores de prevención que hoxe se subcontratan desde a propia Consellería ou desde a empresa SEAGA e se asignan a empresas privadas, a nacionalista lamentou que o grupo maioritario do Partido popular impedira novamente que a proposta nacionalista prosperara.

Tras a intervención do portavoz popular, a deputada  cuestionou as diferencias entre as notas de prensa da Xunta e os documentos oficiais e preguntou a quen debemos crer’. Para a nacionalista, a diferencia estriba no propio  orzamento para a Comunidade Autónoma para o ano 2022 cun 16,5 sen executar o ano pasado, segundo o informe global de execución a 31 de decembro, “22,5 M€” e o persoal do PLADIGA aparece claramente como persoal da Xunta, Concellos e do Estado que suman 5.300 efectivos e non 7.000, explicou.

Para Albert, o PP volve “a facer trampas ao solitario” cando afirma que todos os anos as circunstancias da prevención cambian antes de ser aprobado o PLADIGA pero, puntualizou que se esas circunstancias cambian é necesario planificar a prevención en función das circunstancias de  cada ano e non atendendo ao ano anterior.

Si un ano é aprobado o PLADIGA de abril é aconsellable realizar a prevención de abril a xuño adaptándonos as circunstancias do ano pero si é aprobado no mes de xuño “resulta moi difícil atender á prevención”. Este inverno foi moi diferente ao anterior e se o PLADIGA do ano 22 inclúe criterios relacionados co ano en curso, o máis aconsellable sería telo aprobado en abril. A xuízo da deputada non existe ningunha escusa para non aprobar o PLADIGA no mes de abril, e de feito, dixo, nalgunha ocasión foi aprobado neste mes.

 No ámbito da prevención de incendios, afirmou que a “Administración galega debe ser exemplar” pero esta condición, recalcou  “non se está a seguir sobre todo no interior de Galiza”. A miúdo, explicou Albert, comprobamos como son os propios cidadáns e sobre todo persoas maiores as que deben reaccionar ante os labores de limpeza que a  Xunta non está a facer e cando decide iniciar “as rozas manuais” son subcontratas.

A nacionalista insistiu na “falta de interese” da Xunta pola prevención de incendios, “distritos sen luz, puntos de encontro do persoal non habilitados para o seu uso, brigadas que non contan con espazos e que dependen da “dispoñibilidade dos concellos” para ubicar estas equipas”, denunciou.

María Albert reiterou que “urxe rematar coa  evidente precariedade” e lamentou que o novo PLADIGA para este ano non inclúa “unha soa medida” nesta liña.

“Boa parte do orzamento das brigadas depende dos labores de prevención para que os concellos reciban os fondos e eses labores están previstos para xuño e xullo”, durante o verán se incrementará o risco de incendios forestais, advertiu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG