BNG denuncia que PP e ENCE utilizan ás empresas do complexo mar-industria como “escudo humano” contra as institucións democráticas

Luís Bará
Luís Bará
Bará reitera que o BNG defendeu no Congreso os intereses das empresas galegas do sector mar-industria alimentario na Lei de Cambio climático e urxe  á Xunta a convocar unha Mesa de negociación para o traslado de ENCE
BNG denuncia que PP e ENCE utilizan ás empresas do complexo mar-industria como “escudo humano” contra as institucións democráticas

O deputado en materia de Infraestruturas e Medio Ambiente do BNG,  Luís Bará denuncia a “pinza do PP e ENCE contra a democracia e a operación tenaza contra o concello de Pontevedra con mentiras, chantaxes e prácticas mafiosas”. Utilizan as empresas do complexo mar industria como “escudo humano na súa guerra  contra as institucións democráticas, afirma o nacionalista.

BNG defende os intereses do complexo Mar-industria alimentario

Bará reproba que  PP e ENCE segan na senda das  “mentiras, manipulación e falsidade” utilizando aos medios públicos para enganar e confundir. Neste sentido, volveu a reiterar  que o BNG deixou clara a súa posición sobre o artigo 18 da Lei de Cambio climático, “despois de decaer a emenda de supresión propuxo unha transacción para salvagardar os intereses das empresas galegas do sector do   mar-industria  alimentario”. Estes intereses, recalcou  o nacionalista, nada teñen que ver cos intereses de ENCE. O PP tenta pasar “un dromedario polo ollo dunha agulla” e respecto a ENCE non está amparada pola Lei de Costas, só ten o amparo, das “portas xiratorias e tráfico de influencias”. O PP e a Xunta, subliña o deputado do BNG, teñen que deixar de defender os intereses de ENCE e a  Xunta, pola súa parte  deixar de “facer oposición da oposición” e actuar como goberno exercendo as súas  competencias en materia de industria, ordenación do territorio e Medio Ambiente.

Mesa de negociación para trasladar ENCE fóra da ría de Pontevedra

“A Xunta debe  convocar ao goberno do Estado, empresa  e as forzas sindicais para negociar o traslado de ENCE fóra  da ría de Pontevedra e impulsar un novo proxecto industrial que peche o  ciclo. Urxe recuperar  a ría de Pontevedra  e crear centos de postos de traballo”, concluíu.

 

BNG denuncia que PP e ENCE utilizan ás empresas do complexo mar-industria como “escudo humano” contra as institucións democráticas