BNG denuncia a manipulación informativa da TVG na cobertura da XVII Asemblea nacionalista

María Albert
María Albert

María Albert acusa ao director xeral da CRTVG de xustificar a ocultación da información do BNG  de “maneira consciente e premeditada”, porque está ao servizo do gabinete de comunicación do Partido popular

Pregunta ao director da CRTVG se o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cobra como comentarista político da TVG polas súas continuas valoracións da actividade do BNG

A través dunha pregunta parlamentaria na Comisión de control da CRTVG, a deputada do BNG, María Albert denunciou a manipulación informativa da TVG na cobertura da XVII Asemblea do BNG, celebrada o pasado 7 de novembro no Coliseum da Coruña.

A deputada acusou ao ente público de falta de “imparcialidade” por ocultar premeditadamente á segunda forza política galega e  primeira forza da oposición en Galiza.

Na formulación da pregunta, Albert  lembrou que o BNG celebrou a súa XVII Asemblea para definir a acción política cara os vindeiros anos e renovar o  Consello, Executiva e Portavocía nacionais.

A Televisión de Galiza, recalcou a deputada, demostrou, unha vez máis, a súa “falta de imparcialidade” e ocultación do BNG nos espazos puramente informativos, os Telexornais. Non ofreceron ningunha información da Asemblea nacionalista dende o 1 de novembro e o venres, día 5,  emitiu  unha información no minuto 31:25’’ do Telexornal mediodía recollendo as declaracións dunha rolda de prensa do secretario xeral do PPdeG  na que durante 47 segundos, Miguel Tellado  advertía que “Pontón leva 25 anos de deputada do Parlamento galego”. 

Ese mesmo día, no Telexornal Serán, no minuto  21:56’’. “O PP pídelle ao BNG que se separe dos separatistas vascos e cataláns” cun corte de 44 segundos da mesma rolda de prensa do secretario xeral do PPdeG e por suposto, “sen ningunha  información na que o BNG aparecera como suxeito activo”.

O sábado 6 de novembro, día previo á celebración da Asemblea do BNG, a TVG no dedicou nin só segundo a dar cobertura  no Telexornal do Mediodía fin de semana e Telexornal do serán.

O domingo 7 de novembro o telexornal Mediodía  Fin de Semana emitiu ás 19:14’’ por un tempo de 48 segundos a información  “Ana Pontón liderará a Executiva que sairá da XVII Asemblea e no Telexornal Serán Fin de Semana, no minuto  6:12’’. “Co 99% dos votos, Ana Pontón saíu reelixida este serán como voceira nacional do BNG”. Corte de 2’44” con información da Asemblea Nacional .

Seguindo coa secuencia informativa, Albert tamén se referiu ao  luns 8 de novembro no que o Telexornal Mediodía, dedicou no  minuto 32:13’’ unha información sobre a primeira reunión da Executiva nacional coas declaracións de Ana Pontón   afirmando que “o BNG é unha forza nacionalista”,  e no minuto  32:47’’, unha valoración do Partido popular valorando o cumio nacionalista do día 7: “Desde as filas do PP ven a Asemblea do BNG como unha operación de imaxe que non cambia nada do ideario independentista”,  35 segundos da rolda de prensa do portavoz parlamentar do PPdeG.

Mentres isto se producía, a TVG  nos mesmos telexornais dos  días mencionados, porén,  deu cumprida conta  do proceso de renovación dos órganos locais do Partido Popular de Galiza.

E quérolle dar aquí recado, engadiu a nacionalista,  que tras a Asemblea Nacional do BNG tamén se están a renovar todos as Asembleas Comarcais da organización. “Proceso do que nada escoitamos nun telexornal que si falou da renovación das executivas locais do PP en lugares como Ribadeo, por exemplo”.

Para a deputada, o tratamento da Asemblea Nacional do BNG, “incumpre todos os criterios xornalísticos mínimos que deben rexer un medio público” e volveu a preguntar a Sánchez Izquierdo se consideraba axeitadas as entradiñas dos diferentes telexornais porque, ao seu xuízo, “non foron informativas, foron valorativas”, aseverou.

Albert pregunta se Miguel Tellado cobra como comentarista político da TVG valorando continuamente ao BNG

Tras a resposta do titular da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo que xustificou  a cobertura informativa da Asemblea nacionalista e argumentou  que o secretario xeral do PPdeG ten moita capacidade cumunicativa, sobre todo as fins de semana, María Albert preguntou ironicamente  se o secretario xeral do Partido popular, Miguel Tellado “cobra como comentarista político na TVG”  valorando continuamente a actividade do BNG e recalcou que un medio público como a TVG non pode estar exclusivamente ao servizo da comunicación do Partido popular.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG