BNG denuncia o escurantismo do Goberno do PP coa adxudicación das 5000 pantallas dixitais para as aulas galegas

Dani Castro
Dani Castro

Castro criticou no Parlamento a “baixa calidade” da nova remesa e recriminou que, a día de hoxe, a promesa dunhas mellores pantallas para o alumnado galego siga sen cumprir

BNG levou á Cámara a ocultación que realiza o Executivo dos Populares respecto da adxudicación de 5.000 novas pantallas para as aulas galegas. O alumnado galego comezou o novo ano académico sen ver cumprida a promesa dunhas pantallas de mellor calidade visual e auditiva.

O portavoz de Novas Tecnoloxías, Daniel Castro, criticou, o “retraso” da Consellería de Facenda, “que aseguraba que estas pantallas estarían para o primeiro trimestre do ano 2023, cando para empezar, xa terían que estar para comezos de curso”. Criticou a política de “xerar dúbidas” do Goberno do PP, “por esta razón hai unhas cantas semanas decidimos preguntarlle ao conselleiro que pasara para que comezado o curso non estiven a disposición? Ou o que é peor, porque estas pantallas de máxima calidade se substituíron por unhas moito peores?”, preguntou.

Castro referiuse ao “escurantismo” da Consellería de Facenda, “que optou por ocultar un informe de AMTEGA que poñía de relevo a mala calidade das novas pantallas”, recriminou, ensinando o informe na Cámara. “a día de hoxe esas pantallas seguen sen ser compradas por parte da Xunta. Parece que de novo non teñen moita presa e que as necesidades do alumnado dánlles bastante igual”, recriminou.

O deputado do BNG denunciou que o PP aprobara esta solicitude “sen que se cumprisen os requirimentos legais para este cambio e, ademais, impedindo en todo momento o acceso á documentación, xa que á Lei de Transparencia tamén lles dá bastante igual”.

Neste sentido, preguntoulle ao conselleiro de Facenda “se van comprar estas pantallas” e demandou saber “cantos meses vai ter que agardar o alumnado galego a que a Xunta resolva os problemas que ela mesma creou”, preguntas ás cales non aludiu o conselleiro de Facenda, que tampouco deu explicación en sede parlamentario porque a Xunta oculta os informes de AMTEGA á Cámara.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG