O BNG denuncia o desmantelamento do servizo de Correos no rural de Ourense

Noa Presas na comisión de Economía
Noa Presas na comisión de Economía

Noa Presas  insta á Xunta  a demandar do goberno central recuperar os empregos e salarios recortados no servizo,  dende o ano 2010, e incrementar persoal a través de procesos transparentes  

A parlamentaria do BNG, Noa Presas  pediu hoxe no Parlamento galego demandar do goberno central recuperar os empregos perdidos dende o ano 2010 e incrementar persoal do servizo de correos a través de procesos “transparentes e xustos”.

No transcurso da pregunta parlamentaria, a nacionalista denunciou  “o agravio e discriminación” do rural ourensá fronte ao resto dos territorios galego e estatal. Neste sentido, lembrou que entre os anos 1996 e 2006 perdéronse o “33% dos carteiros e carteiras rurais” no rural da provincia de Ourense e contrapuxo esta cifra ao recorte producido no ano 2016 un “30% que deixa a provincia ourensá só con 153 enlaces rurais”.

A deputada afirmou que o Presidente da Xunta  con experiencia recoñecida na Dirección de correos, en lugar de favorecer a Ourense promove unha política de desmantelamento de servizos utilizando esta provincia  “como coelliño de Indias”.

Para a deputada, o desmantelamento do servizo público de correos está a provocar que os cidadáns deban asumir gastos e desprazamentos que constitúen “unha desigualdade” e reprocha que a Xunta “non reaccione” a esta realidade, polo que reiterou a súa reclamación de incrementar o  servizo público de correos  no rural.

Pola súa parte, a portavoz popular de Relacións institucionais, Blanca García respondeu á nacionalista que o incremento de persoal do servizo postal non é competencia da Xunta de Galiza ao que Presas replicou, “ todos os galegos e galegas pagamos impostos e temos dereito a que o Estado e o Partido popular cumpran as condicións recollidas pola lei 24/1998”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG