O BNG demanda á Xunta que aclare número e situación das camas do hospital de Ourense

Noa Presas e Ana Pontón
Noa Presas e Ana Pontón

Noa Presas recórdalle que en novembro de 2017 afirmaron que se incrementarían co novo edificio

O BNG vén de coñecer as demandas do persoal que chama a concentrarse mañá ás portas do Hospital de Ourense informando da redución de camas e demanda que a Xunta dea aclaracións inmediatas.

Neste sentido, para alén de recordar a necesidade de reverter os recortes que lastran a sanidade pública e que contribúen a colapsar o Hospital e as Urxencias en épocas de frío coma esta, desde o BNG recordan que na resposta dada por escrito por parte da Consellaría de Sanidade en novembro de 2017 este organismo afirmaba que o número de camas sería incrementado, non reducido, indicando que habería 116 camas máis:

“Coa ampliación o CHUO gaña en funcionalidade e integración, e aumenta a súa capacidade asistencial e confortabilidade, eliminando definitivamente as habitacións triples, pasando todas elas a dobres e individuais, polo que contará con 116 camas máis, ata chegar a unha capacidade máxima de 930 camas” indícase na resposta que se anexa a esta Nota de Prensa.

O BNG considera que é necesaria unha maior dotación para o hospital da cidade e esixirá que, como mínimo, se cumpra o afirmado.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG