Congreso

O BNG demanda que se garanta a acumulación das oposicións de profesorado de 2020 e 2021 nun único proceso selectivo

Néstor Rego
Néstor Rego
O deputado Néstor Rego alertou de non acumularse as dúas convocatorias supoñerá o atraso un ano máis das probas de 2021, o que causaría moitos problemas aos opositores e opositoras e atrasaría a súa incorporación como docentes.

O deputado do BNG, Néstor Rego, interpelou á Ministra de Educación e Formación Profesional, María Isabel Celaá, para coñecer a súa disposición para tomar as medidas necesarias que solucionen o aprazamento dos procesos selectivos de ingreso e acceso na función pública docente previstos para os meses de xuño e xullo de 2020. Este atraso causaría que as convocatorias de 2021 tamén se atrasaran un ano máis, o que supoñería moitos problemas para a oferta de emprego aos opositores e opositoras e atrasaría a súa incorporación como docentes.

Rego alertou que con dúas normativas diferentes de aplicación se non se producen os cambios normativos necesarios será imposíbel de acumular as convocatorias de 2020 e 2021. O portavoz do BNG solicitoulle ao Ministerio de Educación e Formación Profesional que permita que as ofertas de emprego do ano 2021 se poidan amparar na mesma norma e coas mesmas condicións que as de 2020, posibilitando desta maneira a súa acumulación tal como demanda o sector.

Pola súa parte, a Consellería de Educación na Mesa Sectorial comunicou a súa decisión de abrir o prazo de inscrición nas actuais oposicións do ano 2020 en canto se levante o estado de alarma, diferindo a celebración das probas a xuño de 2021. Nese sentido, a Mesa Sectorial asumiu o compromiso de esperar un tempo prudencial para saber se o Ministerio de Educación e Formación Profesional está en disposición de harmonizar a normativa para que así tal e como solicita o BNG xunto a todas as organizacións sindicais, para que así se poidan realizar conxuntamente as probas dunha e outra convocatoria sen atrasar máis o proceso.

Néstor Rego solicitou ao Ministerio que axilice os trámites necesario para posibilitar a acumulación destes dous procesos selectivos.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG