PARLAMENTO GALEGO

BNG defenderá no Parlamento galego rebaixar do 21% ao 4% o IVE do recibo de enerxía eléctrica

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas afirma que a  enerxía é  “un de primeira necesidade” e   resulta inasumible que sexa gravado cun tipo de interese dos máis altos. “A enerxía non é un luxo, é un dereito para vivir con dignidade”
BNG defenderá no Parlamento galego rebaixar do 21% ao 4% o IVE do recibo de enerxía eléctrica

BNG defenderá unha proposición non de lei,  no vindeiro pleno, na Cámara galega para rebaixar do “21% ao 4%” o IVE do recibo da enerxía eléctrica.

A portavoz de economía do BNG, Noa Presas afirma que a enerxía é “un ben de primeira necesidade” e ninguén pode ser condenado a vivir sen o acceso á enerxía eléctrica polo encarecemento do recibo. Resulta “inasumible e inxusto” que este dereito sexa gravado cun “tipo de interese dos máis altos”. A enerxía, recalca a deputada, “non é un luxo, é un dereito para vivir con dignidade”.

Ante a forte escalada da factura da luz “hai que tomar medidas” e nesa dirección  vai a proposta do BNG e a  revisión da tarifa eléctrica en función das diferentes tecnoloxías.

A rebaixa do IVE do 21% ao 4% debe ser abordada sen dilación como exixen as persoas consumidoras e o Defensor del Pueblo, reiterou Presas.

Por outra parte, a nacionalista lembra que o BNG reivindica unha “compensación para Galiza” como produtora neta de electricidade excendentaria e a “inmediata redución do IVE no recibo da luz” porque de non facelo, advirte a deputada,  moitas familias terán aínda máis dificultades económicas para poder chegar a fin de mes.

A parlamentaria agarda o apoio do resto do resto das forzas políticas no Parlamento galego á proposta do BNG e como resposta á preocupación de moitas familias, negocios e pequenas e medianas empresas prexudicadas polas consecuencias da pandemia para que agora, dixo, teñan que asumir o incremento do recibo de enerxía cando as grandes empresas eléctricas  recibe millonarios beneficios.

 

BNG defenderá no Parlamento galego rebaixar do 21% ao 4% o IVE do recibo de enerxía eléctrica