O BNG defende no Parlamento galego a derrogación da Lei Mordaza

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado critica que despois de catro anos a Lei de Seguridade Ciudadana siga vixente e lamenta que o Partido popular siga defendendo unha lei “ilexítima e regresiva” 

A deputada do BNG, Montse defendeu hoxe unha proposta para derrogar  a Lei de Seguridade Ciudadana, coñecida como Lei Mordaza, porque catro anos despois da súa aprobación, dixo,  “sigue totalmente vixente”.

Aprobada polo Goberno do PP, con Mariano Rajoy como presidente, explicou segue en vigor a pesares de non ter xa maioría absoluta.

A deputada cualificou a lei de “ilexítima e regresiva” porque  impide a liberdade de expresión e de reunión e nega a presunción de inocencia. Por outra parte,  afirmou que a lei Mordaza “vulnera dereitos fundamentais e criminaliza a lexítima protesta cidadá e a da clase traballadora”

Unha vulneración de dereitos, recalcou,  máis propia dun sistema autoritario e antidemocrático.

UNHA LEI CONTRA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Na defensa da proposición para derrogar a lei Mordaza, a parlamentaria do BNG manifestou que a norma  “criminaliza a liberdade de expresión, amplía os poderes policiais sen supervisión nin rendición de contas, tipifica infraccións contra a liberdade de reunión pacífica, expresión e información e  prohibe gravar e difundir imaxes da policía”.

Unha lei, recalcou,  contraria  a garantir unha  maior seguridade á cidadanía, e posta en marcha para  frear o aumento das mobilizacións de resposta  ás políticas antisociais, anti obreiras, e contra o deterioro dos servizos públicos postas en marcha coa escusa da crise económica co  obxectivo, de recortar  dereitos democráticos,  transmitir medo e criminalizar calquera forma de protesta ou resposta social.

“A Lei Mordaza sigue campando as súas anchas pese a que a maioría do Congreso se tiña comprometido a acabar con esta lei que vulnera  dereitos humanos”. O Congreso aprobou en novembro de 2016 e xaneiro de 2017 dúas propostas de reforma da Lei, sen embargo,  rematada  a lexislatura “non foron aprobadas”.

 A parlamentaria concluíu a súa intervención lamentando a defensa da lei por parte do portavoz parlamentario popular, Miguel Tellado a quen replicou que “non chega con retoques, é preciso derrogar a lei por hixiene democrática”.  

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG