O BNG defende un monte limpo e multifuncional, antídoto contra o lume e para revitalizar o rural

Manifestación en defensa do monte en mancomún
Manifestación en defensa do monte en mancomún

Ana Pontón advirte a Feixóo que estamos ás portas da tempada de risco e que desde a “patraña da trama incendiaria” non se muda unha política forestal “pirómana que converteu Galiza nun polvorín

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a delegación do BNG na manifestación convocada baixo o lema Por un plano forestal para un medio rural vivo convocada polas diferentes organizacións sindicais agrarias e pola Organización galega de comunidades de montes en contra da privatización do monte en man común, xa que a normativa impulsada pola Xunta ataca  esta unha forma particular de propiedade.

“O Goberno ten que escoitar o clamor social e dar un xiro radical á política forestal, hai que pasar dunha política forestal pirómana que enche o país de eucaliptos a unha política que aposte por un monte limpo, vivo e multifuncional, hai que pasar do abandono do monte ao seu aproveitamento integral para xerar riqueza, emprego e revitalizar o medio rural. Un monte multifuncional, un monte limpo e vivo, é tamén o mellor antídoto contra os lumes”, salientou Pontón.

Mancomún monte 1Neste sentido, o BNG considera “indecente” que a resposta do presidente da Xunta, ante o problema ambiental máis grave de Galiza sexa “persistir na patraña da trama incendiaria pese ao rotundo desmentido da Fiscalía”, un avance do novo Plan Forestal de Galiza que mantén a súa aposta polo eucalipto e outras especies pirófitas cando xa existen 35.000 Has ilegais, e un Pladiga que volve ser un “corta e pega” doutras edicións, “sen consensuar cos sectores implicados na loita contra o lume e sen corrixir os erros do pasado”.

Por iso, e ás portas da temporada de risco de incendios, Pontón interpelará no próximo Pleno a Feixóo, “porque a mentira da trama incendiaria, por moito que a repita mil veces, seguirá a ser unha mentira e desde a mentira non se pode combater os lumes nunha Galiza convertida nun polvorín tras décadas de política forestal pirómona do PP”.

Mancomún monte 3Entre as propostas do BNG, frear a expansión do eucalipto empezando pola recuperación inmediata das 35.000 hectáreas ilegais desta especie en terras agrarias, dotación orzamentaria para, en colaboración cos concellos, garantir o cumprimento das franxas de seguridade con infraestruturas e vivendas fundamental porque está en xogo a seguridade das persoas, plan que debe empezarse “polas zonas cualificadas de alto risco en incendios”.

Aprobar o Pladiga no primeiro trimestre do ano, mudar o dispositivo de loita contra os lumes apostando pola súa profesionalización e mando único e dotar aos concellos dun teléfono exclusivo no que os alcaldes e alcaldesas reciban atención inmediata ante unha emerxencia, forman parte tamén das propostas que o Bloque.

Mancomún monte 3

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG