BNG cualifica de “novo desastre” para a flota galega as cotas pesqueiras negociadas en Europa

Rosana Pérez
Rosana Pérez
Rosana Pérez recrimina ao goberno de Feixóo  aceptar criterios lesivos para  á viabilidade da frota galega e advirte que aínda continúan pendentes  as negociacións da UE co Reino Unido das que, con toda certeza, volveremos a saír mal parados

A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez cualifica de “novo fiasco” para a flota galega as cotas negociadas en Europa e advirte que continúan pendentes as negociación co Reino Unido das que con toda probabilidade, afirma “tamén sairemos mal parados”.

A nacionalista recalca que o acordo dos ministros de pesca da Unión Europa representa a “falta de importancia de Galiza” para a U.E” e explica que a especie de maior valor para a flota galega “a pescada” foi recortada por terceiro ano consecutivo. Sen embargo, critica que  e esta redución sexa  valorada polo ministerio español,  como “un éxito e magnifico resultado”. Por outra parte, a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana afirmaba onte mesmo  que Galiza non aceptaría nada que modificara o TAC e agora comprobamos que haberá unha redución desta especie nun 8%. Ademais, engade a nacionalista, o linguado terá unha cota de redución do 5% e a cigala, da Zona 8 fronte a Galiza permanece pechada. As novas cotas só avanzan no xurelo que fronte a proposta da comisión para unha redución do 18% finalmente incrementase nun 12%  dende Fisterra ao Golfo de Cádiz como recomendaban os espertos.

Mercadeo político que prexudica gravemente a Galiza

En opinión da deputada do BNG, “a fixación dos TACs responden ao mercadeo político” e non a outro tipo de criterios, de aí, recalca que non entendamos que o xurelo aumente un 12% e a pescada sexa recortada nun 8%. Que intereses priman para chegar a estes resultados?

Dende o BNG consideramos que as negociacións anuais das cotas pesqueiras “son unha feira” onde non prima  a viabilidade da flota e os postos de traballo “véndense cada vez máis baratos”.

A deputada indicou que, unha vez máis, Galiza sae prexudicada no reparto de cotas e advertiu que continúan pendentes as negociacións da U.E con Reino Unido de especies  nas augas británicas, fundamentalmente no Gran Sol. Rosana Pérez  e mostrou o seu temor a que de novo, nestas negociacións  “a flota galega saia mal parada”.

Rosana Pérez volveu a reivindicar a declaración e recoñecemento  de Galiza como “país altamente dependente da pesca” e a “revisión do principio de estabilidade”, que tanto nos está prexudicando dende os anos 80.

Asemade reclamou “capacidade directa” de Galiza  para negociar os aspectos máis relevantes en materia pesqueira para frear negociacións que representan unha “ grave eiva” para o sector galego.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG