CONGRESO

O BNG critica a decisión tomada por Adif e exixe a retirada dos vagóns lanzados ao río Sil

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego instou a que se investiguen os motivos que levaron a Adif a tomar a decisión de tirar os vagóns descarrilados ao río Sil en lugar de retiralos de forma adecuada.

O BNG considera que é necesario que se lle comunique á Fiscalía para que investigue esta conduta que podería ser constitutiva dun delito contra o medio ambiente e se depuren responsabilidades.

O BNG critica a decisión tomada por Adif e exixe a retirada dos vagóns lanzados ao río Sil

O deputado do BNG, Néstor Rego, rexistrou unha iniciativa parlamentaria no Congreso para a retirada inmediata dos vagóns lanzados por Adif ao río Sil para proceder así a reparar o dano ambiental causado.

Néstor Rego demandou o Goberno a investigar os motivos que levaron a Adif a tomar a decisión de tirar os vagóns descarrilados ao río Sil en lugar de retiralos de forma adecuada e reparar os danos causados no entorno, tal e como estipula a normativa. “Non se pode tolerar que unha empresa pública sexa a primeira en incumprir a normativa sobre xestión de residuos e ten que reparar os danos causados ao entorno” salientou o deputado.

O BNG ve inconcibíbel que Adif-Renfe, tome a decisión consciente de tirar os vagóns ao río, xa bastante contaminado, en lugar de facer o necesario para retiralos tal e como correspondería. Rego destacou que Adif debe dar exemplo e o Goberno español responsabilizarse de que a xestión pública sexa adecuada á lexislación ambiental.

Nin Adif, como empresa pública responsábel directa de proceder á retirada dos vagóns, nin o Goberno central da que esta empresa depende, nin a Xunta de Galiza en cuxo territorio sucedeu o incidente tomaron cartas no asunto” salientou Néstor Rego.

O BNG considera que é necesario que se lle comunique á Fiscalía para que investigue esta conduta que podería ser constitutiva dun delito contra o medio ambiente e se depuren responsabilidades, pois este incidente non pode quedar impune.

O BNG critica a decisión tomada por Adif e exixe a retirada dos vagóns lanzados ao río Sil