O BNG considera “moi grave” a apertura de dilixencias contra o fiscal xefe de Ourense

Noa Presas e Luís Bará
Noa Presas e Luís Bará

Pon en dúbida a independencia do sistema xudicial

Pide facer  unha reflexión sobre o “uso espurio”  da xustiza ao servizo de intereses políticos

O BNG considera “moi grave” a apertura de dilixencias contra o fiscal xefe de Ourense

Ante as dilixencias informativas abertas pola Fiscalía Xeral do Estado  contra o Fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado para esclarecer unha falta disciplinaria grave de “abuso de autoridade”, expediente disciplinario que tamén afecta ao Fiscal Superior de Xustiza, Fernando Suances, o  BNG quere expresar  a súa preocupación polo que considera unha xustiza ao servizo de intereses políticos.

Para o BNG, resulta de “máxima gravidade” a existencia de indicios que sustentan  á apertura das dilixencias informativas contra ambos fiscais porque poñen de manifesto “moitas dúbidas” sobre a súa actuación, así como a “independencia” do sistema xudicial.

O BNG considera que o expediente disciplinario contra Florentino Delgado e Fernando Suances, resulta  un novo exemplo da “falta de separación de poderes”   que se está a observar na xustiza española. Neste sentido, manifesta a insuficiencia de medidas para  apartar a estas persoas da actividade xudicial, mentres non se esclarezan as súas responsabilidades. 

Por outra parte, o BNG tamén considera necesario facer unha reflexión sobre o “uso espurio” da xustiza ao servizo dos intereses do Partido popular como aconteceu no caso do ex-alcalde de Ourense, Manuel Cabezas beneficiando a algúns promotores a través de cesións urbanísticas provocando continuos atrasos e demoras inxustificadas  así como graves repercusións para esfera pública e política.