O BNG condena a represión policial decretada polo Estado contra o pobo catalán

Repesión da Garda Civil
Repesión da Garda Civil

O BNG expresa a súa total condena á represión policial coa que o Estado español tenta impedir o dereito do pobo catalá a expresarse na urnas

O BNG expresa a súa total condena á represión policial coa que o Estado español tenta impedir o dereito do pobo catalá a expresarse na urnas, e pregúntase se a apelación á legalidade tras a que se esconde o Goberno de Rajoy consiste en impedir a porrazos e pola forza bruta que a sociedade de Catalunya vote para decidir o seu futuro.

A formación nacionalista reclama do Executivo central que cese na súa estratexia de acoso e represión, que deixe de responder con violencia policial contra un pobo que quere exercer o seu dereito fundamental e democrático a votar. O Bloque denuncia que o Goberno central está saltándose a constitución que tanto invoca impoñendo pola forza un estado de excepción ilegal en Catalunya, e salienta o dereito de autodeterminación dos pobos recoñecido polo dereito internacional.

DLCuJrlW4AAymd2En contraste coa violencia inxustificada do Estado, a actitude cívica, valente e exemplar dunha cidadanía que defende o dereito fundamental nunha democracia, como é o dereito a votar e, neste sentido, causa vergoña e indignación ver as forzas de seguridade do Estado asaltado colexios, derribando portas a mazazos e requisando urnas para impedir ese dereito fundamental, mesmo exercendo violencia contra as persoas.

O BNG denuncia que o Goberno de Rajoy pasou todas as liñas vermellas entrando nunha deriva autoritaria e reaccionaria que se traduce nunha agresión aos dereitos civís máis fundamentais, porque non se trata xa dunha cuestión de independencia si, independencia non, trátase de unha cuestión de democracia que o Estado vulnera cando impide pola forza o exercicio do voto.

Para o Bloque, é evidente que o réxime do 78 saltou polos aires e que o actual marco institucional está esgotado e superado e que, máis pronto que tarde, haberá que abrir un novo proceso constituínte porque as ansias de democracia dos pobos non poden ser freadas pola forza e con violencia.

O BNG hoxe máis ca nunca traslada a súa solidariedade e apoio ao pobo catalá, ao que transmite o seu recoñecemento pola resposta cívica e chea de coraxe en defensa da súa liberdade que está a dar, enfrontando a actitude autoritaria e represora do Estado español.

CONCENTRACIÓNS EN SOLIDARIEDADE CON CATALUNYA

DLDhNv7WsAAZnjg

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG