XERAIS 2019 (10N)

O BNG comprométese a crear un xulgado de violencia machista en Ourense

Franciso García
Franciso García
Francisco García: “É preciso trasladar estas mobilizacións aos orzamentos e ás políticas públicas efectivas e prácticas”
O BNG comprométese a crear un xulgado de violencia machista en Ourense

 

Ourense, 7 de novembro de 2019. O candidato ao Congreso dos Deputados, Francisco García, defendeu a instalación dun xulgado especializado na loita contra a violencia machista en Ourense. A deputada no Parlamento defendeu as políticas feministas do BNG realizadas até o de agora, salientando a lei de 2007 do Parlamento de Galiza.

Francisco García apelou a unha sociedade “máis xusta” e recolleu as reivindicacións da loita feminista. “Todas as administracións e forzas políticas aparentemente apoian esta causa mais ten que estar acompañada de feitos e medidas concretas” sinalou García.

Unha das medidas que defende o BNG é instalar xulgados especializados na violencia machista. “Non é só unha cuestión de número, é unha razón de xustiza e de acompañar a sociedade nesta loita e nesta lacra” apuntou o candidato do BNG. A política e a xustiza teñen que acompañar á sociedade, como as mobilizacións do 8 de marzo. “É preciso trasladar estas mobilizacións aos orzamentos e ás políticas públicas efectivas e prácticas” concluíu Francisco García.

Pola banda da deputada no Parlamento de Galiza, Noa Presas, sinalou que unha das prioridades do BNG ten sido o feminismo e “levar a cabo políticas feministas onde as mulleres sexan o centro e o suxeito protagonista. Nestes catro anos de política nefasta con catro eleccións do Estado “fomos unha das grandes esquecidas”.

Presas exemplificaba os casos como na sentenza da Manada de Manresa onde non se recoñecía como violencia. “Cunha voz nacionalista no congreso tamén teremos unha voz feminista no Congreso” apuntou Presas. Francisco García levará as reivindicacións do feminismo galego entre elas “que unha violación é unha violación e que todo o que non sexa si é non” e que ten que ser tratado como violencia machista.

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza sinalou que en Galiza xa se recolle na lei que unha violación sexual é violencia machista. O BNG levara a iniciativa en 2007 ao Parlamento e fora aprobada pola cámara galega.