A mobilización é chave para parar en seco o saqueo ao pobo. É por isto que o Bloque Nacionalista Galego fai un chamamento expreso á cidadanía da nosa nación para que secunde masivamente as manifestacións que os sindicatos convocan conxuntamente para este xoves nas cidades galegas contra o Recortazo decretado polo Goberno Rajoy e votado favorabelmente polo Goberno Feijóo no Consello de Política Fiscal e Financeira.
A magnitude da agresión, perpetrada contra os dereitos sociais, mas tamén contra o autogoberno, require dunha resposta masiva e contundente da sociedade galega, en liña coa chamada á rebelión e á insumisión fronte ao Recortazo feita días atrás polo portavoz nacional do BNG.
Hora e lugar das marchas:
A Coruña: Ás 20:00 h da Praza da Palloza. Manifestación central.
Burela: Ás 20:00 h da Praza da Mariña
Ferrol: Ás 20:30 h do Inferniño
Lugo: Ás 20:00 h da Ronda da Muralla, do edificio sindical
Pontevedra: Ás 20:30 h da Praza da ferrería
Santiago: Ás 20:00 h da Alameda
Ourense: Ás 20:00 h do Pavillón dos Remedios
Vigo: Ás 20:30 h da Vía Norte
Vilagarcía: Ás 21:00 h da Casa do Mar