O BNG busca o apoio da Cámara para que Montoro inclúa nos orzamentos unha partida para sanear O Burgo

Mini
Mini

Mini Rivas: “A actuación do Goberno central e insultante”, dixo e demanda novos convenios coas agrupacións de mariscadores e mariscadoras

O BNG rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento para que a Cámara solicite ao Goberno do Estado que os orzamentos de 2018 inclúan unha partida para o saneamento integral da Ría do Burgo, vella demanda social reiteradamente ignorada polo Executivo de Raxoi, que nas últimas presupostos xerais nin sequera se molestou en consignar unha cifra para a recuperación dos bancos marisqueiros, así como o seu dragado, tratamento e limpeza de lodos.

Para o deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, é unha constación “de que non hai vontade real de realizar as actuacións que se precisan, tal como levan anos reclamando a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, a Confraría de Pescadores da Coruña e o conxunto da veciñanza e, pese a que a declaración de impacto ambiental foi aprobada hai máis de sete meses, seguimos sen saber as razóns do retraso na publicación do proxecto definitivo de dragado e do inicio das obras”.

Rivas tamén fai referencia aos anos transcorridos desde que o Parlamento europeo emitira un contundente informa sobre a situación da ría e solicitase ao Estado español  un Plan Integral de Rexeneración e Recuperación. “A actitude do goberno central chega mesmo a ser insultante cando pasa de incluír partidas orzamentarias insignificantes, outras que nunca se executan e agora esta exclusión nas constas de 2018”, criticou.

O deputado nacionalista sinala como “primeiras vítimas” deste contumaz incumprimento por parte de Madrid os colectivos de mariscadores e mariscadoras, cada vez menor en número nunha ría improdutiva pero que podería ser unha fenomenal fonte de riqueza e de creación de emprego.

Por iso, o BNG tamén reclama nesta  PNL que  Estado e Xunta restablezan os convenios coas agrupacións de mariscadores e mariscadoras para labores de rexeneración, mentres non poidan mariscar con normalidade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG