BNG e ARVI unirán esforzos para conseguir medidas que melloren o sector pesqueiro galego

Encontro con ARVI
Encontro con ARVI

Ana Pontón advirte que a prohibición de descartes terá graves consecuencias para a flota galega e anuncia que o BNG presentará  propostas para mitigar as consecuencias do BREXIT e contra un reparto inxusto de cotas para Galiza que se agravará cos descartes o 1 de xaneiro de 2019

Unha delegación do BNG, encabezada pola súa portavoz nacional, Ana Pontón abordaron hoxe en Vigo co presidente e membros da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, (ARVI) a actual situación e retos do sector pesqueiro galego ante as novas disposicións europeas.

Na reunión, celebrada na sede de ARVI, no Porto de Vigo, a que tamén asistiron: a eurodeputada, Ana Miranda, o deputado por Pontevedra, Luís Bará e os responsables local e comarcal do BNG en Vigo, Serafín Otero e Manuel Caride, foron analizadas as consecuencias da saída do Reino Unido da U.E (Brexit), a prohibición dos descartes a partir do 1 de xaneiro do vindeiro ano, e as cotas de pesca que prexudican gravemente a Galiza.

Neste sentido, Pontón advertiu que “a normativa de descartes terá graves consecuencias para a flota galega” e anunciou que o BNG presentará propostas nos Parlamentos galego e europeo para que a previsión de descartes teñan “a menor repercusión nos postos de  traballo e  xeración de riqueza”.

Pontón recalcou que o sector pesqueiro galego  enfrontase a grandes retos e que aínda existen problemas estruturais que é necesario resolver como o reparto de  cotas. “Galiza sofre grandes recortes de cotas pesqueiras mentres outros países non poden asumir as que lle son asignadas”, a pesar, explicou  de contar cun importante  sector empresarial  e ser a “maior potencia pesqueira de todo o Estado español”.

“É necesario facer valer a potencialidade pesqueira  galega  no reparto de cotas e iso só é posible se contamos  cunha representación política  directa nas institucións europeas”. Como país, remarcou, temos dereito a que se escoite a nosa voz  e  se teña en conta o noso voto  cando se toman decisións contrarias aos nosos intereses para beneficiar a  outros  países,

Galiza debe ser considerada  unha zona “altamente dependente da pesca” o que nos permitiría contar con máis recursos, máis flota e capacidade de decisión”, ámbitos, afirmou, dende os que “o BNG comprometémonos a traballar.”

Pontón destacou   o  modelo de traballo de    ARVI  do que dixo,   confirma que dende “a unión de país” podemos conseguir importantes resultados na defensa do sector pesqueiro galego de Vigo pero tamén como  interese económico xeral en Galiza e  ofreceu a colaboración do BNG para ser “unha peza” que axude a posicionar o sector pesqueiro nun lugar importante dentro da nosa economía  como sector estratéxico.

Pola súa parte, o Presidente de ARVI, Javier Touza agradeceu a visita da delegación do BNG á que trasladou a necesidade de incentivos ante o relevo xeracional que se está  a producir no sector pesqueiro galego. Touza lamentou a escaseza de tripulacións, mandos e persoal formado. Sobre a formación explicou que ARVI colabora coas escolas náuticas para poñer en marcha programas de formación acordes á realidade das flotas. Ademais, tratou coa delegación do BNG a cesión de cotas entre países membros da U.E e advertiu que a partir do 1 de xaneiro será aplicada a normativa de descartes que implicará a flota galega no Gran Sol e pesquerias mixtas, xa moi afectada polos recortes de cotas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG